Skip to Content

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

 

-  O Director do Centro.

-  Un profesor ou profesora.

-  Un pai ou nai ou titor legal.

 

0s dous últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo mércores día 3 de novembro de 2021, ás 10:30 horas no Despacho de Dirección. 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións e calendario que a partir do día 4 de novembro se irá expoñendo nesta páxina web.

 

O Director



story | by Dr. Radut