Skip to Content

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As familias de 3º e 4º de Primaria beneficiarias do fondo solidario de libros de texto, poden pasar a recoller os libros o vindeiro venres 8 de setembro de 2023, en horario de 12:00 a 13:00 horas.

Moitas grazas.

COMEZO DE CURSO 2023/2024

- A actividade lectiva dará comezo o vindeiro luns 11 de setembro de 2023. 

- O horario de clases abrangue de 09:30 a 14:30 horas.

- As portas do centro abriranse ás 09:25 horas.

- O alumnado non usuario de comedor escolar e transporte sairá ás 14:30 horas.

- O alumnado usuario de comedor escolar e transporte sairá ás 16:00 horas.

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias de todo o alumnado de Educación Infantil a unha reunión coas titoras, que terá lugar o venres día 8 de setembro ás 11:00 horas no colexio.

Na reunión, as titoras presentarán, ademáis de outros aspectos organizativos, o plan de adaptación para o alumnado de 3 anos e o horario que terán ditos alumnos/as ata o día 15 de setembro, incluido.

Prégase asistencia.

Moitas grazas.

SERVIZO DE MADRUGADORES 2023/2024

O servizo de madrugadores comezará a funcionar o vindeiro luns día 11 de setembro en horario de 08:00 a 09:30 horas.

As tarifas son as seguintes:

Día solto: 3 euros

Mes enteiro: 20 euros

É un servizo xestionado polo Concello de Begonte polo que, para inscribirse e realizar os pagos deberán poñerse en contacto co mesmo.

ADMISIÓN DE COLABORADORES/AS PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e familiares do alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023 (incluido).

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

Aquelas familias interesadas en que os/as seus/súas fillos/as sexan usuarios/as do comedor escolar durante o presente curso 2023/2024 deberán presentar a solicitude de uso do comedor cuberta e asinada.

Pódese descargar --> AQUÍ

Asimesmo, aquelas familias solicitantes de comedor que realizasen a declaración da renda correspondente ao exercicio de 2022, deberán presentar ademais, cuberto e asinado, o modelo de autodeclaración de prezos públicos.

Pódese descargar --> AQUÍ

É necesaria a presentación da documentación tanto para o alumnado xa matriculado no centro, como para o alumnado de nova incorporación.

- A documentación pódese presentar de dúas maneiras:

a) PRESENCIALMENTE, no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

b) TELEMÁTICAMENTE, escaneada e enviada por correo electrónico á dirección do noso colexio: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal.

PRAZO: do 1 ao 8 de setembro de 2023, ambos incluidos.

(Non se admitirán solicitudes despois desa data)

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/2024

Faise pública a listaxe de libros de texto que empregará o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño durante o vindeiro curso escolar 2023/2024.

Pódese consultar a listaxe premendo AQUÍ

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023

PRAZO: Do 20 ao 29 de xuño de 2023, ambos incluidos.

HORARIO: De 10:00 a 14:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

Alumnado que se escolariza por primeira vez (3 anos):

 

  • Formulario de Matrícula cuberto e asinado (Descargar AQUÍ)
  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
  • Libro de vacinas (fotocopia)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Atención Educativa (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede de outros centros educativos:

 

  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Proxecto Competencial (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal do alumno/a (Descargar AQUÍ)
Distribuir contido


by Dr. Radut