Skip to Content

HORARIO LECTIVO XUÑO

Aquelas familias usuarias de comedor escolar que, durante o presente mes de xuño, desexen vir recoller aos seus fillos/as ás 14:30 horas e non facer uso do comedor escolar, deberán comunicalo aos titores/as a través da aplicación Abalar Móbil antes das 10:00 horas.

HORARIO LECTIVO XUÑO

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2022/2023

Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido definitivamente.

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, , querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido provisionalmente.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Horario de Atención ao Público

Luns a venres: 09:30 – 16:00

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2022/2023

 

CALENDARIO

Do 1 de marzo

ao 21 de marzo

 

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

22 de abril

 

Publicación da Lista Provisional

Do 25 de abril

ao 29 de abril

 

Presentación de reclamacións á Lista Provisional

13 de maio

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 21 de xuño

ao 30 de xuño

 

Formalización da Matrícula

 


MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

·     Impreso ED550B

·     Anexo II (Comprobación de datos)

·     Libro de Familia ou DNI

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

RESERVA DE PRAZA 1º DE ESO

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

 

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2018&numpub=2&lang=gl con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

 

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de secretaría do colexio en horario de 15:00 a 16:00 horas. (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click AQUÍ

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS | Eleccións ao Consello Escolar

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de pais e nais que queiran concorrer como candidatos do sector de pais e nais ás eleccións do Consello Escolar do Centro.

PRAZO: do 8 ao 17 de novembro de 2021, ambos incluidos.

PRESENTACIÓN:

  • Virtual: mail a ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal
  • Presencial: de 09:30 a 10:30

Pódese descargar o modelo de solicitude facendo click --> AQUÍ

Axudas do Concello de Begonte para material escolar para o curso 2021 - 2022

Prazo de presentación: 30/10/2021 - 29/11/2021

Procedemento: Axudas para material escolar curso 2021 / 2022:

Pódese solicitar a axuda na sede electrónica do Concello de Begonte, ticando en Tramitación electrónica (ou procesamento electrónico) en Axudas para material escolarpara firmar anexo I electronicamente tica.

*Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electrónicamente con certificado dixital de persoa física, ou dni electrónico, ou clave concertada.

De acordo ca Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, art.14.1 Dereito e obligación de relacionarse electrónicamente coas administracións públicas: "As persoas físicas poderán elexir en todo momento si se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obligacións a través de medios electrónicos ou non...", e segundo o art.16.4: "Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das administracións públicas podrán presentarse: a) No rexistro electrónico da Administración u Organismos aos que se dirixa, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refiere o artículo 2.1", este art. 16.4 sigue con las letras b), c), d), e), estás opcións xa se tiñan a disposición.

Pode consultarse toda a información no seguinte enlace da web do concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut