Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

Horario de Atención ao Público

Luns a venres: 09:30 – 16:00

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2023/2024

 

CALENDARIO

 Do 1 de marzo

ao 20 de marzo

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

ANEXO II BIS 

25 de abril

 

Publicación da Lista Provisional

Do 25 de abril

ao 2 de maio

 

Presentación de reclamacións á Lista Provisional

15 de maio

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 20 de xuño

ao 30 de xuño

 

Formalización da Matrícula

 

MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

·     Impreso ED550B

·     Anexo II (Comprobación de datos)

·     Libro de Familia ou DNI do neno/a

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

VOTACIÓN PROXECTO IMPLEMENTACIÓN XORNADA ÚNICA

Tras a aprobación por parte do Claustro, do Consello Escolar e o informe positivo do servizo de transporte escolar, queda por realizar o último trámite para o establecemento do horario en xornada única a partir do curso que vén: a votación por parte do sector de nais e pais.

 

A votación terá lugar o vindeiro luns día 27 de febreiro nos seguintes tramos horarios: 

 

- 09:30 a 11:30 horas.

- 12:30 a 14:30 horas.

- 16:00 a 20:00 horas.

 

Só poderá votar un membro por familia.

A mesa electoral quedará constituida polo Director do centro xunto con dúas nais ou pais elixidos en sorteo público o venres día 24 de febreiro ás 09:30 horas na secretaría do centro.

Animamos a todos os pais e nais a participar na votación!

RESERVA DE PRAZA 1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2022&numpub=1&lang=es con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de dirección do colexio en horario de 09:30 a 11:30 horas. (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click --> AQUÍ

Calendario Escolar 2022/2023

Podedes descargar o calendario escolar 22/23 facendo click --> AQUÍ

Calendario Escolar 2022/2023

REUNIÓN FAMILIAS 5º E 6º DE PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a unha reunión coa titora, que terá lugar o martes día 27 de setembro ás 16:05 horas na aula de 5º-6º de primaria, situada na primeira planta do colexio. Rógase puntualidade.

REUNIÓN FAMILIAS 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria a unha reunión coa titora, que terá lugar o martes día 13 de setembro ás 16:00 horas na aula de 1º-2º de primaria, situada na primeira planta do colexio.

SERVIZO DE MADRUGADORES

O servizo de madrugadores comezará a funcionar o vindeiro xoves día 8 de setembro en horario de 08:30 a 09:30 horas.

As tarifas son as seguintes:

Día solto: 3 euros

Mes enteiro: 20 euros

É un programa xestionado polo Concello de Begonte polo que, para inscribirse e realizar os pagos deberán poñerse en contacto co mesmo.

Distribuir contido


by Dr. Radut