Skip to Content

REUNION FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) a unha reunión coa titora que terá lugar o xoves día 10 de setembro ás 10:00 horas no patio cuberto do colexio.

O xoves día 10 non acudirán ao colexio os nenos/as de 3 anos. Na reunión, a titora presentará, ademáis de outros aspectos organizativos, o plan de adaptación e o horario que terán ditos alumnos/as durante os seguintes 15 días lectivos.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans e os zapatos na entrada do colexio co xel hidroalcohólico e na alfombra desinfectante, respectivamente.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.


story | by Dr. Radut