Skip to Content

Novas

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DE CENTRO

Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa a publicación das novas Normas de Organización e Funcionamento do Centro avaliadas polo Claustro de mestres/as e polo Consello Escolar e aprobadas polo Director do colexio.

Como concreción do Plan de Convivencia do centro, trátase dun documento esencial para organizar a vida escolar, de obrigado coñecemento e aplicación por parte de todos os membros da comunidade educativa do CEIP Virxe do Corpiño (alumnado, mestres/as, persoal non docente, nais e pais).

Para consultar o documento faga click AQUÍ

INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA EN EDUCACIÓN PRIMARIA!

 

Seguimos traballando con paso firme cara a innovación educativa. Se fai uns días falabamos da nosa inclusión no programa Digicraft, hoxe volvemos estar de noraboa xa que fumos seleccionados pola Consellería de Educación para participar no programa de innovación "Introducción á robótica educativa na Educación Primaria".

O programa “Introdución á robótica educativa en primaria” ten como principal obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.

Supón, de novo unha importantísima dotación para un centro coma o noso: 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado e 6 kits de construción, que permiten a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.

Seguimos innovando! Seguimos traballando! Noraboa a tod@s!!

SELECCIONADOS PARA O DIGICRAFT!

 

Desde o minuto 0 traballamos por un Virxe do Corpiño que marque as diferenzas na educación en competencias dixitais. Hoxe demos un paso de xigante, xa que fomos seleccionados para participar no Proxecto “Digicraft”, impulsado por Vodafone España xunto coa Consellería de Educación.

Digicraft deixará aos nosos alumnos/as coa boca aberta e espertará de forma natural o seu interese pola tecnoloxía e o mundo dixital: traballaremos os contidos do currículo a través do deseño de videoxogos, escape room virtual, realidade aumentada, realidade virtual, creación dun avatar en 3 Dimensións…e moito máis.

Para o centro supón asimesmo unha dotación material moi importante: os nosos nenos/as terán á súa disposición 12 tablets e 2 maletas “Instant Dixital Skills” cargadas con novidosos materiais tecnolóxicos.

Nós seguimos traballando! O cole segue avanzando!

 

 

 

 

HORARIO DE TITORÍAS DOS MESTRES/AS PARA ATENCIÓN DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS

O horario de titorías dos mestres/as para a atención de pais, nais ou titores legais do alumnado do centro no presente curso 2019/2020 será o seguinte:

  • LUNS: De 15:00 a 16:00 horas.

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamento do Centro, non se atenderá a ningún responsable fóra do citado horario e será necesario solicitar cita previa.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

O xoves día 19 de setembro, o titor do seu fillo/a terá unha reunión con vostedes para falar de diversos temas escolares de interés. A reunión terá lugar ás 16:00 horas na aula de primeiro e segundo, situada na primeira planta do centro.

Dada a importancia que ten o labor conxunto para a educación, esperamos que acudan a esta convocatoria.

             Reciban un cordial saúdo.              

             O Director

HORARIO DE ATENCIÓN POR PARTE DA DIRECCIÓN DO CENTRO

O horario de atención a pais, nais ou titores legais do alumnado do centro por parte do director no presente curso 2019/2020 será o seguinte:

  • LUNS: De 10:30 a 11:30
  • MARTES: De 10:30 a 11:30
  • XOVES: De 10:30 a 11:30

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamento do centro, será necesario solicitar cita previa.

COMEDOR ESCOLAR 2019/2020

O servizo de comedor escolar comezará o mércores 11 de setembro de 2019, e rematará o venres 19 de xuño de 2020.

Os pais, nais ou titores/as legais que desexen que o seu fillo ou filla sexa usuario/a do comedor escolar no curso 2019-2020 deben entregar cuberto no centro o formulario "Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións", incluido no anexo desta publicación, xunto coas instruccións de funcionamento correspondentes ao presente curso escolar.

 

PRAZO DE ENTREGA: DO 1 AO 10 DE SETEMBRO de 2019 (Ambos inclusive)

HORARIO: 10:30 H A 14:00 H

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut