Skip to Content

Novas

RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convócase ás familias beneficiarias do fondo solidario de libros de texto do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria para recoller os libros outorgados para o presente curso 2022/2023.

A recollida terá lugar o mércores día 7 de setembro no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 13:30.

MODELO DE AUTODECLARACIÓN PARA USUARIOS DE COMEDOR

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor escolar terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que ten que ser entregada na secretaría do colexio entre o 1/09/2022 e o 7/09/2022, ambos incluidos, en horario de 10:00 a 13:30.

De non facelo no prazo establecido, o seu fillo/a perdería a condición de usuario/a do comedor escolar.

Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click --> AQUÍ

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

Faise pública a listaxe de libros de texto que empregará o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño durante o vindeiro curso escolar 2022/2023.

Pódese consultar a listaxe premendo AQUÍ

SOLICITUDE DE USO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de uso do comedor escolar durante o vindeiro curso 2022/2023.

- As solicitudes pódense presentar de dúas maneiras:

a) PRESENCIALMENTE, no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

b) TELEMÁTICAMENTE, escaneada e enviada por correo electrónico á dirección do noso colexio: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal.

PRAZO: Ata o 8 de xullo, incluido. (Non se admitirán solicitudes despois desa data)

- Unha vez rematado o prazo de presentación, publicarase a lista de admitidos no taboleiro de anuncios do colexio, coa única referencia do nome e os apelidos do alumno/a e a posición ocupada na lista de admitidos/as, dacordo co disposto no Regulamento 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación de datos, e abrirase un prazo de presentación de alegacións de 5 días.

- De existir máis solicitudes que prazas de comedor autorizadas, o Consello Escolar baremará as solicitudes dacordo cos criterios establecidos no punto 5 da Instrución 2/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022/2023.

- De darse a anterior circunstancia, o alumnado que non resulte admitido no comedor escolar pasará inicialmente a unha lista de reserva. Seguidamente, o centro cursará á Secretaría Xeral Técnica a solicitude de ampliación do número máximo de prazas autorizadas no comedor escolar, a fin de que o alumnado en reserva poida quedar finalmente admitido.

- Nos primeiros días do mes de setembro abrirase o prazo para a presentación no centro do modelo de autodeclaración de prezos públicos por parte das familias do alumnado admitido como usuario do comedor.

- É necesaria a presentación da solicitude tanto para o alumnado xa matriculado no centro, como para o alumnado de nova incorporación.

- Pódese descargar a solicitude premendo AQUÍ

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

 

PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño de 2022, ambos incluidos.

HORARIO: De 09:30 a 14:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

Alumnado que se escolariza por primeira vez (3 anos):

 

  • Formulario de Matrícula cuberto e asinado (Descargar AQUÍ)
  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
  • Libro de vacinas (fotocopia)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede de outros centros educativos:

 

  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal do alumno/a (Descargar AQUÍ)

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2022/2023

Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido definitivamente.

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, , querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido provisionalmente.

RESERVA DE PRAZA 1º DE ESO

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

 

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2018&numpub=2&lang=gl con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

 

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de secretaría do colexio en horario de 15:00 a 16:00 horas. (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click AQUÍ

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS | Eleccións ao Consello Escolar

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de pais e nais que queiran concorrer como candidatos do sector de pais e nais ás eleccións do Consello Escolar do Centro.

PRAZO: do 8 ao 17 de novembro de 2021, ambos incluidos.

PRESENTACIÓN:

  • Virtual: mail a ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal
  • Presencial: de 09:30 a 10:30

Pódese descargar o modelo de solicitude facendo click --> AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut