Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA DAS FAMILIAS ÁS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Estimadas Familias:

Estamos ultimando a organización, posta a punto e adaptación do noso centro á difícil realidade coa que nos toca convivir nos próximos meses, de maneira que o regreso ás aulas por parte dos nosos nenos/as sexa o máis seguro posible.

O vindeiro luns, día 7 de setembro faremos públicos na nosa páxina web unha serie de documentos clave nos que levamos traballando moito tempo e que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

2. PLAN DE CONTINXENCIA

3. PLAN DE ACOLLIDA EMOCIONAL

Son 3 documentos de suma importancia e de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

Para poder explicar as súas claves e resolver calquera tipo de dúbida ou inquedanza, quedades convocados a unha reunión cos docentes que forman parte do equipo Covid-19 do colexio. As reunións terán lugar de maneira escalonada por niveis, evitando calquera tipo de aglomeración. Celebraranse no patio cuberto do noso centro, no seguinte horario:

MARTES 8 DE SETEMBRO

10:00 horas: familias de Educación Infantil

12:00 horas: familias de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

10:00 horas: familias de 4º E 5º de Educación Primaria

12:00 horas: familias de 6º de Educación Primaria

NORMAS XERAIS

  • Á reunión só pode acceder UNHA soa persoa por familia.
  • Acceder ao recinto escolar con máscara protectora e non retirala en ningún momento.
  • Desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao chegar.
  • Manter unha distancia interpersoal de 1,5 m como mínimo.

INICIO DE CURSO 2020/2021

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, no inicio do presente curso o noso alumnado incorporarase do seguinte xeito:

1. O xoves día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.

2. O venres día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Faise pública a relación defintiva de solicitantes admitidos e exluídos para a obtención das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar de cara ao vindeiro curso 2020/2021.

Pódese consultar a listaxe premendo --> AQUÍ

Os solicitantes tamén poden consultar a listaxe provisional accedendo á aplicación "Fondo Libros"

IMPORTANTE:

Entrega de vales de libros de texto e material escolar:  

15, 16 e 17 de xullo - De 10:30 a 13:30 horas.

Entrega de libros de texto do fondo solidario (3º,4º,5º e 6º Primaria):

7, 8 e 9 de setembro de 2020.

 

**Os pais e as nais do alumnado que recibe 4 libros, deberán poñerse en contacto co centro para saber cales teñen que mercar pola súa conta.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Faise pública a relación provisional de solicitantes admitidos e exluídos para a obtención das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar de cara ao vindeiro curso 2020/2021.

Pódese consultar a listaxe premendo --> AQUÍ

Os solicitantes tamén poden consultar a listaxe provisional accedendo á aplicación "Fondo Libros"

Contra esta listaxe cabe dereito de reclamación no prazo de dous días hábiles.

 

Publicación da listaxe definitiva 

14 de xullo de 2020.

Entrega de vales de libros de texto e material escolar  

15, 16 e 17 de xullo - 10:30 A 13:30 horas.

Entrega de libros de texto do fondo solidario (3º,4º,5º e 6º Primaria):

7, 8 e 9 de setembro de 2020.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2020/2021

Faise pública a relación de libros de texto que se empregarán o vindeiro curso escolar 2020/2021.

Pódese descargar a listaxe dos mesmos facendo click --> AQUÍ

PRAZOS AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE BENEFICIARIOS: 

           9 de xullo de 2020.

 

  • RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL:

           2 días despois da súa publicación.

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA:

           14 de xullo.

 

  • ENTREGA DE VALES PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS: 

           15, 16 e 17 de xullo - 10:30 A 13:30 HORAS

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA - CURSO 2020/2021

 

PRAZO: Do 1 ao 10 de xullo de 2020, ambos incluidos.

HORARIO: De 10:30 a 13:30 horas.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

Alumnado que se escolariza por primeira vez (3 anos):

 

- Formulario de Matrícula cuberto e asinado (Descargar AQUÍ)

- Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)

- DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)

- Libro de vacinas (fotocopia)

- Tarxeta Sanitaria (fotocopia)

- 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)

- Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)

- Elección sobre o uso da imaxe persoal (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede de outros centros educativos:

 

- Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)

- Tarxeta Sanitaria (fotocopia)

- 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)

- Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)

- Elección sobre o uso da imaxe persoal do alumno/a (Descargar AQUÍ)

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

Desde hoxe está publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID-19, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido definitivamente.

COMEDOR ESCOLAR 2020/2021

Ábrese o prazo para a solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021

 

Deberán presentar solicitude:

 

  • Alumnado matriculado no CEIP Virxe do Corpiño no curso 2019/2020 que queira seguir sendo usuario do comedor escolar no curso 2020/2021.

 

  • Novo alumnado matriculado no CEIP Virxe do Corpiño para o curso 2020/2021 que queira facer uso do comedor escolar.

 

A solicitude debe presentarse cuberta e asinada.  Pode presentarse de dúas formas:

 

 

  • Presencialmente, no despacho de dirección do centro en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.

 

Prazo: do 19 de xuño de 2020 ao 10 de xullo de 2020.

 

Pódese descargar a solicitude premendo AQUÍ.

 

13 de xullo de 2020: publicación da lista provisional de usuarios admitidos.

14 de xullo – 20 de xullo de 2020: reclamación á lista provisional.

21 de xullo de 2020: publicación da lista definitiva de usuarios admitidos.

 

 

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que deberá ser entregada no centro (polos medios anteriormente citados) entre o 1/09/2020 e o 10/09/2020

Mediante este impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2019, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde aboar, de acordo cos tramos fixados no citado Decreto.

 

Pódese descargar o modelo de autodeclaración premendo AQUÍ.

 

FINAL DO CURSO 2019/2020

Coa finalidade de organizar da mellor maneira posible o peche do curso 2019/2020 e, dada a situación de alarma sanitaria que nos atinxe, establécense unha serie de prazos para diferentes procedementos:

 

RECOLLIDA DE MATERIAL

Lugar: Recibidor exterior do colexio

O restante material dos nenos/as que se atopa no centro (mandilóns, gorras, patíns, dicionarios, estoxos…) será preparado e colocado previamente polas mestras titoras co fin de minimizar o tempo de permanencia das familias nas instalacións do centro.

Ed. Infantil, 1º e 2º Primaria 3º e 4º de Primaria 5º e 6º de Primaria

Mércores 17 de xuño

  10:30-11:30

Xoves 18 de xuño  

10:30-11:30

Venres 19 de xuño

  10:30-11:30

 

RECOLLIDA DOS BOLETÍNS DE NOTAS

Lugar: Recibidor exterior do colexio.

Data: Venres 19 de xuño de 2020.

Horario: de 11:30 a 13:30.

 

Os sobres cos boletíns das notas estarán colocados nos bancos do recibidor exterior do centro, divididos por aulas.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS POR PARTE DO ALUMNADO USUARIO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS NO PRESENTE CURSO

 

Lugar: Recibidor exterior do colexio.

  • 3º e 4º de Primaria: luns 22 de xuño de 11:30 a 13:30
  • 5º e 6º de Primaria: martes 23 de xuño de 11:30 a 13:30

 

As familias devolverán os libros empaquetados nunha bolsa ou caixa co nome do alumno/a colocado nun lugar visible e os depositarán no lugar habilitado para tal fin no recibidor exterior do centro.

 

NORMAS COMÚNS

 

  • O acceso ao centro realizarase pola porta habitual, mais a saída terá lugar pola cancela do outro lado das escaleiras, fronte ao patio cuberto.

 

  • É obrigatorio desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao acceder ao centro e facer uso de máscara protectora.

 

  • Non será necesario solicitar cita previa.

 

  • Se hai coincidencia de varias persoas no centro ao mesmo tempo, gardarase escrupulosamente a distancia de seguridade establecida en 2 metros.

 

  • Coa finalidade de evitar calquera tipo de aglomeración, só se permitirá o acceso ao centro dunha persoa por familia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut