Radio Pingüi

PROGRAMA DE RADIO SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA E DOS ANIMAIS

Un novo programa de radio sobre os dereitos dos nenos/as e dos animais acaba de saír do forno desta vez da man do alumnado de proxecto competencial da clase de 3ºB. 

 


MES DA CIENCIA EN GALEGO. A ANESTESIA.

O alumnado de 5ºA fixo este podcast sobre a anestesia contribuindo así á difusión científica e conmemorando o mes da ciencia en galego (novembro).  

CONTO DE MEDO 6ºC


DÍA DAS ESCRITORAS 6ºB

5 DE OUTUBRO, DÍA DOS ANIMAIS

Todos e todas escoitando o programa de radio do alumnado de 6º A polo Día dos Animais seguindo o PDI do centro "Cole animal". Aquí poderedes escoitalas! 

MARTES DE RADIO PINGÜI

Todos os martes o alunado de 6º emite en directo un pequeno programa de radio. Comezan os martes radiofónicos de Radio Pingüi!

 

 

ENTREVISTA A EMMA PEDREIRA 5ºC


RADIO PINGÜI: DEREITO AO XOGO

O martes 31 foi un día especial porque tivemos programa de radio en directo conducido por alumnos de 4ºA de Educación Primaria tratando o DÍA INTERNACIONAL DO XOGO, 28 de maio, tan importante para nós este cursa xa que está relacionado co noso PDI "Súper recreos de Pingüi".

PODCAST SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Para conmemorar a festividade das Letras Galegas, entre outras actividades, escoitamos o programa sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriagán.

RADIO PINGÜI: DÍA DO LIBRO

Programa radiofónico pola conmemoración do Día do Libro, con recomendacións lectoras do alumnado de 4ºB Educación Primaria.

PODCAST SOBRE ROSALÍA

Programa en directo do Día de Rosalía, celebrando tamén o día da radio e o noso primeiro programa en directo.

RADIO PINGÜI: ENTREVISTA ENTRE AULAS

Entrevistas do alumnado de 5º de EP sobre escritoras escollidas. Actividade que xunto con outras, nos permitiron celebrar o día 18 de outubro, día das escritoras e o 24, día das Bibliotecas, de maneira conxunta.

PODCAST 5ºA

A rapazada de 5º A animámosvos a que escoitedes os nosos podcast e continuaremos facendo máis produción



POEMAS RADIOFÓNICOS

    Aquí vos deixamos uns poemas que fixeron tres alumnas de 6ºC adicados ao medio ambiente. A poesía expresa emocións e tamén pode ser reivindicativa e servir de denuncia contra as inxustizas ou, como neste caso, para concienciar sobre o desxeo nos polos e o cambio climático. Fai un pouco de poesía? A que sonan ben bonitas?



TEATRO RADIOFÓNICO II

 Nova entrega radiofónica!

 Neste caso podedes escoitar aos nenos e nenas de 3ºA que gravaron esta simpática obra de teatro baseada no libro "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña e da Editorial Everest. A música que sona de fondo é "O outono" de Vivaldi. Desfrutade escoitándoos!

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña