arquivo

RETO DE MARZO: CON M DE MULLER

Aquí vos deixamos o noso reto de marzo relacionado co coidado do medio ambiente e as mulleres. Imos facer uns taboleiros cos escornabots e un libro de biografías entre todo o cole. Ademais tamén podedes ver nesta entrada algúns dos fondos relacionados coa temática da igualdade e, para rematar, música feminina en galego para celebralo!

 

 

8 DE MARZO EN INFANTIL

Aquí vos deixamos os traballos dos nenos e nenas de Educación Infantil polo día 8 de Marzo, cos seus debuxos e as súas palabras fan unha pequena homenaxe ás mulleres importantes da súas vidas. Picade nos enlaces para velos.

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Aquí vos deixamos uns poemas que fixeron tres alumnas de 6ºC adicados ao medio ambiente. A poesía expresa emocións e tamén pode ser reivindicativa e servir de denuncia contra as inxustizas ou, como neste caso, para concienciar sobre o desxeo nos polos e o cambio climático. Fai un pouco de poesía? A que sonan ben bonitas? 

RETO DE FEBREIRO: A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

No mes de febreiro entre todo o cole estivemos recollendo información sobre a contaminación acústica tal como nos propuxo Pingüi. Lede con atención a seguinte presentación porque os nenos e nenas dannos moi bos consellos para rebaixar o ruído e evitar os problemas de saúde derivados del. Que vos parece? Animádesvos?  

RETO DE MARZO: MULLERES ECOLOXISTAS.

Este é o resultado final do reto de marzo que lanzou Pingüi dende a biblioteca: CON M DE MULLER. Velaquí as biografías de mulleres ecoloxistas que fixeron os nenos e nenas do cole despois da pertinente búsqueda de información. Tomádevos un tempo para coñecer algúns referentes femininos relacionados co coidado do medio ambiente e a ciencia que nos sirven de exemplo para seguir avanzando no camiño da igualdade. Picade no centro da imaxe para desplegar a revista, merece a pena. Excelente traballo! 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña