arquivo

Consello da Infancia (ordinario e extraordinario)

O pasado 28 de marzo celebramos o Consello da Infancia deste trimestre cos representates de todas as aulas para consensuar temas como a temática que elixiu cada clase para o PDI: COLE ANIMAL. e outros relacionados co funcionamento do centro como a suciedade do patio ou o ruído do comedor. Deste consello saíron interesantes ideas das que tomamos nota para seguir mellorando. 

O 14 de abril convocamos un novo consello extraordinario a petición dunha das aulas do centro para tratar a convivencia no noso cole (sobre todo nos recreos) e del sairon tamén moitas propostas que estamos preparando para poñer en marcha como encargados da mediación de conflitos, árbitros ou encargados/as dos carriños de xogos (entre outras). 

Estas reunións teñen como obxectivo dar voz, mellorar e implicar ao alumnado na vida do noso cole. Aquí vos deixamos unha imaxe que vale máis que mil palabras. 

 

 

 

10ª reunión de Faragullas de Papel

Nova sesión do club de lectura e novos libros.

"Marta e a Pintega" de Eli Ríos deunos un interesante faladoiro coas gorrobelliñas e gorrobelliños de Faragullas de Papel. Falamos de fantasía e realidade, de contos clásicos e personaxes mitolóxicos, de príncipes e princesas e como non, dos nosos enfados e desexos. Un desexo común podería ser continuar moitos anos con este club...

 

 "Volverás Golfiño" de Andrea Maceiras achegounos á xeografía galega da Costa da Morte, Cabo Vilán, Camelle ou o Cemiterio dos Ingleses. Tamén falamos de barcos, de viaxes, da morte e da vida, dos cambios e mudanzas e ata do Prestige. Despois estivemos buscando as localizacións do libro no mapa... E se puideramos ir? 

 

Lectura e familias: Sonia Hermida

O luns 24 de Abril, dentro do proxecto "Lectura e familias" visituounos Sonia Hermida para contarnos moitos contos sobre diversidade e inclusión e propoñernos unha serie de actividades finais de animación lectora. Aquí vos deixamos unhas imaxes.  Grazas Sonia e familias por vir e por estar! 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña