arquivo

PROPOSTA DO 27 DE MARZO

Queres crear unha historia en banda deseñada cunha ferramenta on line? Animámoste a que coñezas PIXTON. Aquí che deixamos un vídeotitorial. Pensa ben a historia antes de empezar!

DEBUXO DE ANA 5 INFANTIL

Ola Ana!

Son Pingüi e quero que sepas que me fixo unha ilusión inmensa recibir o teu debuxo despois de ler o meu conto. Esto pasará e volveremos a darnos bicos e apertas, xa verás. Estou desexando volver a vervos!

Pingüi

 

PROPOSTAS PARA O 30 DE MARZO

O venres 27 foi o DIA DO TEATRO. Imos celebralo hoxe con dúas pequenas actividades, deixámosvos unhas marionetas de man para interpretar contos clásicos como "OS TRES PORQUIÑOS" ou "CARAPUCHIÑA VERMELLA", podes cambiarlles o final ou inventar unha nova historia, é a túa obra de teatro pódela facer como queiras. 

 

A agrupación teatral Ghazafellos comparte esta obra de RUBICUNDO. Que a desfrutedes!

AGRADECEMENTOS

Recibimos uns agradecementos moi bonitos, un deles ás persoas que están traballando na recollida do lixo: GRAZAS! O outro para a PANADEIRA de Silvia de 1º B: GRAZAS! Que importantes son os panadeiros e panadeiras de Carral, este día e moitos outros, que importancia teñen estes días os nosos heroes anónimos como canta Antonio Orozco na canción que vos deixamos a continuación. Que a desfrutedes! 

 

Na entrada seguinte tedes para seguir co teatro, mandádenos fotos ou vídeos se facedes algo con marionetas, se queredes seguir facendo carteis de agradecemento... Pingüi está encantado de recibir as vosas tarefas!

PROPOSTA 31 DE MARZO

Hoxe deixamos dous recursos de lectura on line, un en galego e outro en castelán.

Se picades AQUÍ accederedes a uns álbumes ilustrados ben bonitos da páxina PINTAR Y PINTAR EDITORIAL, se hai algún que vos guste moito decídenos que á volta mercámolo para a biblio. Faltaría máis!

Ademais na LIBRARÍA BIBLOS de Betanzos están levando a cabo unha iniciativa moi chula, chámase CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE e xa teñen dous títulos, podedes velos seguindo a súa páxina de Facebook ou na canle de YOUTUBE. Pica AQUÍ para ir a ela. Pode ser un bo momento de conto antes de ir durmir, descubriredes moitos títulos diferentes. 

PROPOSTA DÍA 1 DE ABRIL

Para ser un bo investigador e seguir o método científico un dos primeiros pasos é a observación. Para sacar conclusións e deducir hipóteses fai falta mirar os pequenos detalles con tempo, con cariño e con moito coidado. Aquí vos deixamos unha aplicación para ter a vosa propia lupa e agrandar cousas: bechos que atopedes, superficies, plantas, alimentos... A ver que descubrides! Podedes descargala buscando MAGNIFYING GLASS en Google Play.

Na biblio temos varios libros con lupa que poderedes coller cando todo pase... Están desexando que os levedes!

E aínda máis, queredes construír o voso propio LIBRO LUPA? Pois mirade o seguinte titorial. Sabemos que é un pouco difícil de conseguir o material nestes tempos pero gardade a idea para cando todo pase. Mentras tanto, ide practicando co móbil! Tedes moito que observar. Un pelo? O selo dunha carta? As letras pequeniñas que nunca vedes? Unha mosca? O pole das flores? Como sempre podedes mandarnos os vosos descubrimentos ao correo bibliosbardoscarral@gmail.com 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña