arquivo

DÍA 16 DE MARZO

Boas!

Xa que estamos todos confinados nas nosas casas porque as circunstancias así o esixen Pingüi quere deixarvos algunhas propostas de lectura e escritura porque di que vos bota moito de menos e que ler estes días pode ser un estupendo entretenemento. Non se viaxa so camiñando, tamén se pode viaxar coa imaxinación!

Cada día iremos actualizando a web con diferentes propostas. Esperamos que vos gusten! Ademais se facedes algunha e queredes compartila podedes enviarnos os vosos contos, lecturas, ilustracións... ao correo da biblio bibliosbardoscarral@gmail.com e subirémolos a esta páxina. Pode ser formato foto, vídeo ou audio, o que máis vos guste.

PROPOSTA 1. 

Todos os días ás 11.00h na conta de Instagram @vadecuentos contaranvos un conto. Estade ben atentos. 

PROPOSTA 2. 

Ás catro desta tarde o coñecido ilustrador galego Leandro Lamas a través da súa conta de Facebook pintará en directo. So necesitades lápiz e papel e seguir as súas instrucións para que vos quede unha obra ben bonita. Aproveitade a ocasión, non se pinta todos os días con el. 

PROPOSTA 3.  

Na páxina de AULAS GALEGAS atopamos ademais actividades para facer a partir  do conto "Orellas de Bolboreta"  da Editorial Kalandraka. Picade AQUÍ para velas se vos apetece facer algunhas e, sobre todo, desfrutade da historia. 

 

Mañá máis! Espérovos nas redes!

Pingüi

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Boas!

Xa que estamos todos confinados nas nosas casas porque as circunstancias así o esixen Pingüi quere deixarvos algunhas propostas de lectura e escritura porque di que vos bota moito de menos e que ler estes días pode ser un estupendo entretenemento. Non se viaxa so camiñando, tamén se pode viaxar coa imaxinación!

Cada día iremos actualizando a web da biblio con diferentes propostas. Esperamos que vos gusten! Ademais se facedes algunha e queredes compartila podedes enviarnos os vosos contos, lecturas, ilustracións... ao correo da biblio bibliosbardoscarral@gmail.com e subirémolos a esta páxina. Pode ser formato foto, vídeo ou audio, o que máis vos guste.

PROPOSTA 1. 

Todos os días ás 11.00h na conta de Instagram @vadecuentos contaranvos un conto. Estade ben atentos. 

PROPOSTA 2. 

Na páxina de Fecebook do coñecido ilustrador galego Leandro Lamas podedes ver como se realiza unha ilustración paso a paso. So necesitades lápiz e papel e seguir as súas instrucións para que vos quede unha obra ben bonita. Aproveitade a ocasión, non se pinta todos os días con el. 

PROPOSTA 3.  

Na páxina de AULAS GALEGAS atopamos ademais actividades para facer a partir  do conto "Orellas de Bolboreta"  da Editorial Kalandraka. Picade AQUÍ para velas se vos apetece facer algunhas e, sobre todo, desfrutade da historia. 

 

Mañá máis! Espérovos no blog da biblioteca! 

Pingüi

ACTIVIDADES RECIBIDAS

Así de bonitiños quedaron os debuxos de Leandro Lamas e noso alumnado, están feitos uns artistas!

 

PROPOSTAS DIA 17 DE MARZO

Para hoxe deixámosvos unhas ferramentas para crear contos. Se tedes IPAD porobade CREAPPCUENTOS, unha APP moi chula, divertida e creativa coa que poderedes crear as vosas propias historias. Pica AQUÍ para vela. Deixámosvos un titorial para que lle botedes un vistazo. Seguro que vos engancha. 

 

Se en vez de ter IPAD a túa tablet ou móbil é ANDROID recomendámosche TUS CUENTOS, podes vela AQUÍ . Para saber  mellor como funciona mira antes o seguinte videotitorial.

E para os máis pequenos da casa pode ser bo momento para escoitar unha canción que fale de alegría e amizade, que tal bailar e mover o esqueleto un pouco con "Uxía Lambona e a Banda Molona"?

PROPOSTAS DÍA 18 DE MARZO

Aquí vos deixamos o enlace ao canal de televisión da Editorial Kalandraka, abriron unha sección que se chama CONTOS CONTADOS,  de momento teñen poucos, pero estes días irán subido máis. Toda a web é unha marabilla. Desfrutade dela estes días. Picade AQUÍ se queredes escoitar algún conto e AQUÍ para ver a web completa. 

Ademais hoxe deixámosvos un experimento para demostrar que o xabón é a mellor arma para evitar contaxios e repeler os xermes. Queredes ser uns verdadeiros científicos? Pois seguide atentos os seguintes pasos (se non tedes pementa negra podedes probar con perexil moído, café ou orégano... cremos que pode saír igual, o importante é que flote). Para saber máis BUSCADE INFORMACIÓN SOBRE A TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA. 

PROPOSTAS PARA A PONTE

Durante estes catro días de ponte non imos publicar máis actividades pero deixámosvos hoxe algunha por se vos interesa. 

O venres 20 de marzo, ás 16:45 PACO NOGUEIRAS, o autor do Vídeo CD "BRINCA VAI" ou "RADIO BULE BULE" dará un concerto a través de Instagram. Non o perdades! Seguro que coñecedes moitas cantigas: a do Entroido, a do Magosto... Moitas sonaron como timbre de entrada en varias ocasións. 

O COLECTIVO NOGA (Narración Oral Galega) ten unha nova canle de You Tube que se chama "PANDEMIA DE CONTOS" aquí vos deixamos unha canción rimada pero se picades AQUÍ poderedes ver máis cousiñas para pasar estes días de corentena. 

Máis alá de todo isto, é bo momento para ESTAR NA INOPIA. Moi a miúdo o ritmo de vida actual tennos demasiado ocupados, cheos de actividades, de tarefas, de.... Cando estas na inopia, nas berzas, nos biosbardos, nas musarañas, papando moscas... dentro da aula sóenche botar a bronca, a que si? Pois hai unhas rapazas que lle puxeron ao seu negocio, LA INOPIA. EDUCACIÓN ARTÍSTICA e que defenden o dereito de estar distraído. Estes días tedes tempo dabondo para desconectar un pouco e ir á vosa imaxinación, ninguén vos pode dicir nada. Picade na imaxe para ir á páxina onde Olma e Ofe van á inopia. Teñen un montón de propostas astísticas e entretidas para facer durante estes días: escoitar durante un pouco e anotar ruídos raros da túa casa, buscar tesouros nos caixóns, collage de revistas para que os anuncios digan o contrario, descubrir coa linterna o que hai debaixo da cama... Mirade, mirade... e se non queredes mirar pois a pasmar un pouco, que tamén podedes! Aproveitade! ;)

Pingüi

PROPOSTAS 23 DE MARZO (DÍA DA POESÍA)

O día 21 de marzo, o sábado, foi o día da poesía. Propoñémovos varias actividades relacionadas con este tema: 

- POESÍA DE EMERXENCIA. É un número de teléfono ao que chamas e onde unha persoa che recita un poema, unha moi bonita iniciativa! Chama ao número e desfruta. O teléfono é: 659 86 10 32. Pica AQUÍ para ter máis información. 

Tamén vos recomendamos o canal de YOUTUBE de Antonio García Teijeiro, xenial, coma sempre. Velaí un exemplo: 

E para rematar, agora que tedes un pouquiño máis de tempo, pode ser un bo momento para botarlle de novo unha ollada ao noso libro de poesía: PANESÍA. Picade AQUÍ para velo. 

 

PROPOSTAS PARA O 24 DE MARZO

Nesta web (picade AQUÍ para ir) tedes algunhas obras para descargar e ler tanto para maiores como para os pequenos da casa. Dende novelas de Carlos Ruíz Zafón, María Dueñas ou Carlos Arguiñano ata "Gerónimo Stilton", "Narnia" ou cómic Manga que tanto vos gusta. Aproveitade, estarán á vosa disposición ata o 31 de marzo.

A Editorial 

PROPOSTAS PARA O 25 DE MARZO

Hoxe dexámosvos un contiño sobre o Coronavirus, seguro que xa estades moi fartos del, pero bueno... Hai que falalo, comentalo e expresar os nosos medos para despois quedarnos moito máis tranquilos. Para velo picade AQUÍ. Como vos imaxinades vos a este "bichiño"? Préstavos facerlle un dibuxo? Terá cornos? Rabo? Orellas de trasno? Barba? Deixade voar a vosa creatividade!

SEXAMOS AGRADECIDOS!

Boas! Hoxe Pingüi vaivos pedir que sexades solidarios coa xente que estes días ten que traballar para que todo funcione. Hoxe propoñémosvos que peguedes un cartel na bolsa do lixo ou no contenedor que teñades máis cerca para agradecerlle ás persoas que o recollen o seu duro traballo (dádello aos vosos pais para que o peguen cando lles cadre de ir ao contenedor, non vaiades a propósito que non se pode!). Animádesvos? Ao mellor ocúrresevos outro lugar onde pegalo, ou darllo ao panadeiro que nos trae o pan á casa, aos compañeiros/as de traballo dos vosos pais (os que teñen que ir), que llo den á persoa da caixa, á charcuteira cando vaian á compra... Hai moitas persoas que están axudándonos. Imos sacar algo bo de todo Isto, SEXAMOS AGRADECIDOS! Se o facedes e queredes ensinarllo a PINGÜI mandádeo ao correo bibliosbardoscarral@gmail.com. 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña