arquivo

MAGOSTO E SAMAIN

Aquí vos mostramos algunhas das actividades realizadas para conmemorar estas datas de Magosto e Samaín: Exposicións de cabazas, ambientación do centro, degustación de castañas, xogos populares, lecturas a escuras... Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Magosto e Samaín 2018 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Lecturas a escuras na semana de Samaín. from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

CIENCIA, PAN E POESÍA

O mes de Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, dende a biblioteca celebrámolo con varias actividades. Unha delas chegou por carta a todas as aulas cunha petición: Pingüi quere facer un libro que mesture as temáticas principais da nosa biblio este curso que son as poéticas diversas e o proxecto sobre Carral. Trátase dun libro colaborativo onde os pequenos de Educación Infantil serán os ilustradores e os maiores os escritores. Aproveitamos para distinguir os tipos de texto: os informativos (definicións científicas) e os literarios (a través de metáforas, comparacións e greguerías). Na última semana haberá moitas outras actividades que xa vos iremos ensinando. Nas entradas e saídas do cole escoitamos a canción do grupo Migallas "Pan de millo".

 

25 N

Os nenos e nenas de 1º A interpretan a canción de Rozalén "La puerta violeta" en LSE no recreo, aquí vos deixamos a gravación do traballo destas últimas semanas dentro da materia de Valores Cívicos e Sociais. No CEIP Vicente Otero Valcárcel dicimos NON á violencia! 

PUERTA VIOLETA EN LSE from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

25N na biblioteca from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

OS MAPAS

Interesante vídeo para reflexionar sobre a representación da Terra nos mapas. 

3 DE DECEMBRO

Esta curta é a proposta da biblioteca para a hora de ler e con ela pretendemos que se traballe a alfabetización mediática. Proponse un debate posterior no que se traten temas como a adolescencia, os hábitos de xogo, as diferentes maneiras de afrontar os problemas ou se é máis fácil ou máis difícil a vida das persoas con diversidade funcional. E ti? Es discapacitado para algo? 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña