VENDIMA INFANTIL 2023

Blanco legítimo | Cepas y Vinos

 

O próximo sábado, 30 de setembro, ás 16:30 horas, no Paseo da Tolerancia, terá lugar a VENDIMA INFANTIL 2023 organizada pola Adega Pagos de Brigante.

Consistirá na recollida, despalillado, pisado e prensado da uva. 

Posteriormente, haberá unha merenda.

Poden participar as nenas e os nenos entre os 6 e 12 anos.

Para participar é necesario apuntarse no seguinte enlace que recollerá as inscricións pola orde na que se anoten.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScr49Fr31R4psfOo61OAeVjiHcXopmwhzGP-y-go3JDzApUhA/viewform?usp=sf_link

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO

Os nenos e nenas de 4º de Infantil están de noraboa por ter superado con éxito o período de adaptación ao cole!

Moi ben feito!!!

E-DIXGAL

Premendo na imaxe poden acceder á información sobre o proxecto E-Dixgal

e descargar o folleto informativo sobre o Proxecto (Contidos, aula, portátil e seguro para o mesmo...)

REUNIÓN DE FAMILIAS

Reuniones con las familias – IES Goya

Tal e como se publicou na Circular de Fin do Curso pasado e tal e como se informou ás familias no momento da matrícula, 

O mércores, 06-09-2023, ás 16:30 h., na Sala de Usos Múltiples de Primaria, tivo lugar a REUNIÓN XERAL DE FAMILIAS DE 4º de INFANTIL.

O mércores, 06-09-2023, ás 18:00 h., na Sala de Usos Múltiples de Primaria, tivo lugar a REUNIÓN XERAL DE FAMILIAS DE 1º de PRIMARIA.

Para ver as demais REUNIÓNS DE FAMILIAS, PREMA NA IMAXE.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Actividades Extraescolares – INICIO

PREMENDO NA IMAXE, poden acceder á información sobre as Actividades Extraescolares para o curso 2023-2024.

O período de inscrición é do 11 ao 22 de setembro.

ENTRADAS E SAÍDAS

CEIP Arias Montano (Sevilla) - Página 8 de 71 -

INFANTIL: 

08:30 a 09:00. O alumnado transportado en autobús accede pola porta principal de conserxería.

08:55. Entra no edificio, desde o patio, o resto do alumnado.

13:45. Sae, pola porta do patio, o alumnado transportado en autobús.

Posteriormente, sae o resto do alumnado que é recollido polas súas familias no patio.

 

PRIMARIA:

08:30 a 09:00. O alumnado transportado en autobús accede pola porta principal de conserxería.

A partir de 08:50, pola porta principal de conserxería, entra o resto do alumnado hacia o patio.

13:50. Sae, pola porta principal de conserxería, o alumnado transportado en autobús.

Posteriormente, saen:

  • 1º pola porta do recinto máis próxima ao edificio de 1º.
  • 2º e 3º pola porta do recinto máis próxima á panadaría.
  • 4º, 5º e 6º pola porta principal de conserxería.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL

LA NECESIDAD DEL PERIODO DE ADAPTACIÓN - La Abejita Traviesa

 

Para ver como se vai desenvolver o período de adaptación de 4º de infantil, PREMA NA IMAXE.

INFORMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

Precios Reducidos Comedor Escolar curso 2018-19 | Colegio Ciudad de los  Muchachos

 

Premendo na imaxe, pode ver o documento informativo do Concello de Betanzos sobre o comedor escolar.

Para poñerse en contacto coa empresa de comedor poden chamar ao número 986453040. A ese mesmo número poden chamar o día anterior ou o mesmo día antes das 09:30 se precisan algún tipo de dieta "especial". Tamén se pode utilizar o correo electrónico: info@arumeservicios.es

Para poñerse en contacto co comedor, poden facelo en horario de 07:30 a 09:00 e de 13:30 a 16:00 nos seguintes teléfonos:

COMEDOR DE INFANTIL: 699385354

COMEDOR DE PRIMARIA: 649032467

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Libros de texto para el próximo curso - IES Maria Bellido

IMPORTANTÍSIMO 3º DE PRIMARIA:

NON COMPRAR OS LIBROS ATA QUE, EN SETEMBRO, O PROFESORADO SE POÑA O CONTACTO COAS FAMILIAS.

O profesorado de 3º de Primaria, sabendo as molestias que pode ocasionar, e sempre intentando que o gasto realizado se corresponda co material que realmente vai ser utilizado, solicita ás familias que teñan que mercar os libros que agarden a setembro para realizar esa compra.

Pode ver o listado completo de libros de texto PREMENDO NA IMAXE.

Distribuir contido