EXPOSICIÓN 50º ANIVERSARIO

No edificio Arquivo (Liceo), do 6 ao 28 de xuño, permanecerá aberta ao público a Exposición do 50º Aniversario do CEIP Francisco Vales Villamarín.

O horario de visitas é:

De martes a venres: de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00.

Sábados: de 11:30 a 14:00 e de 19:00 a 21:00.

LIBROS DE RECEITAS

Dentro do Proxecto Documental Integrado estamos a aprender un montón de cousas sobre os distintos países. Aquí vos deixamos unha mostra dos receitarios dagúns dos países que estamos a traballar, por se queredes probar algún novo prato!

                   
                   

Premede nas portadas!

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

AYUDAS ESCOLARES PARA LA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR  2021-2022 - Ayuntamiento de Loeches

 

O prazo para presentar as solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño.

Para ver o resumo da información, prema AQUÍ.

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

XORNADA DE CONVIVENCIA COIRÓS

Os nenos e as nenas "maiores" de Infantil visitaron o cole de Coirós para coñecer aos seus futuros compañeiros e compañeiras en Primaria. Pasárono xenial!

CLICADE NA IMAXE!

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

MIRADE COMO O CELEBRARON EN INFANTIL!

VISITADE O BLOG DE MERO!

BANCO DE LIBROS DA ANPA DO IES FRANCISCO AGUIAR

Esta información vai dirixida ás familias do alumnado de 6º de primaria do CEIP Vales Villamarín, que durante este curso 2022/23 foron socias da Anpa Brigantium e que para o vindeiro curso, teñen pensado seguir estudando no IES Francisco Aguiar.

A Anpa O Carregal (Anpa do IES Francisco Aguiar) xestiona un Banco de libros propio, se estades interesados en participar no mesmo para o curso 2023/24 deberedes facer o seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición que atoparedes no seguinte enlace da nosa páxina web Asóciate | Anpa O Carregal (sistemas6871.wixsite.com) (é moi importante que cubrades os datos do correo electrónico e do teléfono porque será a forma de comunicarnos con vos)
  • Ter pagada a cota de socia da Anpa Brigantium do curso 2022/23.
  • Facer o pago da Anpa O Carregal para o curso 2023/24.
  • Enviar a ficha de inscrición cuberta e os 2 xustificantes de pago por correo electrónico a info@anpaocarregal.org antes do 9 de xullo do 2023.

 

Despois dese día debedes estar atentos/as porque PRONTO vos enviaremos a ficha para que solicitedes os libros que precisedes, xa que o reparto dos mesmos farase a finais de xullo.  

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do mesmo correo electrónico ou do teléfono 604 03 98 67.

VIAXANDO POR ESPAÑA

Os nenos e nenas de 4ºC estiveron a investigar sobre as Comunidades Autónomas para preparar unhas vacacións por España. Imos con eles de viaxe?

PREMEDE NA IMAXE!

EDUCACIÓN VIARIA

A rapazada de 2º, 4º e 6º de Primaria asistiu a varias xornadas de Educación Viaria. As sesións foron impartidas pola Policía Local de Betanzos. As primeiras xornadas consistiron en clases "teóricas" e as segundas sesións foron prácticas, onde as nenas e os nenos demostraron todo o que aprenderan. Botádelle unha ollada ao vídeo!

PARABÉNS AO SERVIZO DE COMEDOR

791.300+ Sobresaliente Fotografías de stock, fotos e imágenes libres de  derechos - iStock

O Servizo de Comedor Escolar do CEIP Francisco Vales Villamarín  acaba de pasar unha auditoría interna cunha puntuación de sobresaliente (97,79 sobre 100) o que o sitúa na parte máis alta da clasificación en comedores escolares ( comedor azul).

PARABÉNS

COÑECENDO MÁIS A DON PACO

Dentro da programación das Letras Galegas, os nenos e as nenas de 1º de Primaria asistiron a un contacontos da man de Caxoto, da compañía A Trastenda dos Contos, para coñececer un pouco máis a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego.

Distribuir contido