SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021-2022

Transporte escolar – CEIP Capellanía del Yágabo

Aberto o prazo (do 5 ao 20 de maio) para solicitar transporte escolar para o curso 2021-2022. Para ver a información completa, prema na imaxe.

IMPRESOS

Solicitude de transporte para USUARIO DE DEREITO.

Solicitude de transporte para USUARIO EXCEPCIONAL.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Os próximos días 20 e 22 de abril o Concello de Betanzos vai realizar catro sesións formativas para que as persoas poidan familiarizarse coa SEDE ELECTRÓNICA, canle polo que haberá que presentar este ano as solicitudes para acceder ao Servizo Municipal de Comedor Escolar e Madrugadores, campamentos de verán no ámbito da conciliación ou axudas para o material escolar. Máis información no enderezo https://novas.betanzos.es/nota-informativa-servizos-sociais/ ou chamando ao teléfono 981770011.

PREMA NA IMAXE PARA VER A INFORMACIÓN COMPLETA.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO NOVO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020 | Colegio Mª Inmaculada

Publicada a listaxe PROVISIONAL de alumnado novo admitido para o curso 2021-2022. TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

Pódese consultar a listaxe na Secretaría do colexio.

Antes do 18 de maio publicarase a LISTAXE DEFINITIVA.

 

 

DIA DA MULLER

O día 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. Durante esta semana os diferentes niveis, tanto de infantil como de primaria, estiveron realizando distintos traballos e actividades. Aquí vos deixamos unha pequena mostra...

 

Os nenos e nenas de 2º andan a investigar e aprender sobre Betanzos. Visitade o blog da biblioteca para coñecer o traballo que fixeron sobre as RÚAS DE MULLERES no Concello.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A partir do luns, día 01-03-2021, retómanse as actividades extraescolares, tal e como estaban realizándose antes da suspensión temporal.

DÍA DE ROSALÍA

Nenos e nenas de 2º de E. Primaria, xunto coas súas familias, animáronse a recitar versos de Rosalía de Castro. Clicade nos distintos carteis para ver e escoitar retazos da obra desta xenial escritora!!!

Moitísimas grazas nenos, nenas e familias pola vosa participación!!!

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

 

Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónicoceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal

Se vai realizar os trámites presencialmente, deberá solicitar unha cita no mesmo teléfono ou no mesmo correo electrónico.

 

O prazo para presentar as solicitudes para o alumnado de nova incorporación ao colexio será do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 26 de abril de 2021.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 18 de maio de 2021.

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

INFORMACIÓN

Información admisión alumnado

Calendario procedemento de admisión

Áreas de Influencia

Postos escolares vacantes

Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)

Orde 12 de marzo de 2013

Orde 25 de xaneiro de 2017

Orde 18 de decembro de 2020

 

IMPRESOS

Solicitude de admisión

Documento Autorización de Matrícula

Solicitude de Transporte Normal (domicilio a máis de 2 km)

Solicitude de Transporte Excepcional

 

CANCIÓN DA PAZ de 4º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 4º de Primaria gozaron nas casas interpretando a canción titulada "El mismo Sol" de Álvaro Soler, canción que traballaron polo Día da Paz.

Clicade nas diferentes imaxes para cantar e bailar cos rapaces!!!   

        

ENTROIDO 2021

Nenos e nenas de 4ºF comparten con nós unhas coplas do Entroido, prepárense para a festa!!!

Este ano non puidemos celebrar o pasarrúas no Pasatempo, pero non queremos deixar de compartir con vós os nosos disfraces...

Distribuir contido