BONO DEPORTE XUNTA

 A Xunta de Galicia lanzou unha campaña anunciando un "bonodeporte" para nenos e nenas de 6 a 16 anos que estén federados nalgún deporte ou dentro do programa escolar Xogade (como é o caso dalgún alumnado do noso centro, que recibirá, a través dunha mensaxe abalar, o identificador correspondente para poder solicitalo). Os bonos poden solicitarse dende o luns día 8 de Xaneiro. Teñen toda a información na páxina web: bonodeporte.gal

ACTIVIDADE MUSICAL NO IES Fco. AGUIAR

Durante o mes de decembro, a rapazada de 1º de Primaria achegouse ata o instituto Francisco Aguiar para participar nunha actividade musical. O alumnado do Instituto musicalizou unha curta de Disney con instrumentos e obxectos cotiáns; a continuación os nenos e nenas de Primeiro puideron tocar eses instrumentos.

premede na imaxe!

 

XOGOS NO NADAL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo dous xogos para este tempo de nadal, o "Dígocho eu" e o "Pasapalabra especial Nadal" para promover o uso do galego entre o alumnado.

Botádelle un ollo ao resultado premendo na imaxe!

FESTIVAL DE CONTOS NO NADAL

Ao longo destes días gozamos de distintas actividades: manualidades, magos, contacontos, espectáculos, visita dos reis magos... e, por suposto, do noso festival do contos.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso gran festival!

CLICADE NA IMAXE

CAMPIONATO CUBO DE RUBIK

Durante varios recreos, alumnado do centro participou no campionato de cubo de Rubik organizado polos mestres e mestra de Educación Física.

Botádelle un ollo ao vídeo premendo na imaxe!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

O equipo da biblioteca fixo unha recompilación de lecturas para o nadal, premede na imaxe!

POLO BOSQUE DE HANSEL E GRETEL

A rapazada de 3º de Primaria visitou o museo de Belas Artes na Coruña. Da man de Ana e Laura, os nenos e nenas percorreron o museo seguindo as pegadas de Hansel e Gretel, descubrindo o misterioso mundo que agocha o bosque...

PREMEDE NA IMAXE...

PLENO INFANTIL

Para conmemorar o Día da Constitución, o alumnado de 6º de Primaria visitou o Concello para participar no pleno infantil.

Se queredes coñecer as mocións presentadas, premede na imaxe!

 

ANPA BRIGANTIUM

 

Estimadas familias, desde a ANPA BRIGANTIUM queremos comunicarlles que xa está activa a web para facerse soci@s. Poden acceder mediante a seguinte ligazón: https://anpabrigantium.miampa.com/

Aquí encontrarán unha circular explicando como facelo.

 

Ademais, o alumnado levará unha copia en papel para a casa.

CAMPAMENTO DE NADAL CONCELLO DE BETANZOS

 

O Concello de Betanzos organiza un Campamento de Nadal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro para nenas e neos de 3 a 12 anos.

Pode ver a información completa PREMENDO NA IMAXE.

Distribuir contido