NOVEMBRO, mes da CIENCIA nas BIBLIOTECAS

As nenas e os nenos de 3º de Primaria achegáronse á biblioteca para iniciarse no método científico, a través dun sinxelo experimento relacionado coas plantas.

Premede na imaxe para coñecer máis polo miúdo o seu experimento...

DÍA DA DISCAPACIDADE EN INFANTIL

O día 3 de decembro conmemórase o Dia da Discapacidade.

En infantil fixeron unha xornada de xogos, coa colaboración das familias, nos que se intentaron poñer na pel dos demais. Tamén confeccionaron unha árbore para o "bosque dos contos" con diferentes follas, como diferentes somos todos e todas.

Coma sempre, moitas grazas familias!

PREMEDE NA IMAXE

SEMANA DA RECICLAXE

Durante esta semana a rapazada de Primaria trouxo da casa residuos, que coas súas mans, converteron en xoguetes para empregar durante as clases de Educación Física.

Unha forma divertida de concienciarnos sobre a redución e reutilización dos envases domésticos.

 

CLICADE NA IMAXE!

VISITA Á DOMUS

Este luns o alumnado de 1º de Primaria acudiu á Domus, á casa do home, na Coruña, para seguir investigando sobre o corpo humano. Ampliando, así, os seus coñecementos máis alá do aprendido na clase, dunha maneira máis divertida e manipulativa.

Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!

VISITA VIRTUAL AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

A semana pasada a rapazada de 2º de Primaria gozou dunha visita virtual ao Museo de Historia Natural de Ferrol. Grazas a Berta, a guía do museo, puideron coñecer os distintos animais que se poden atopar alí: baleas, candorcas, golfiños, luras, serpes, cervos, insectos... Aprenderon moitas curiosidades e outras moitas cousas deses animais. Resultou unha actividade moi interesante e divertida!

Premede na imaxe

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES

PREMEDE NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO...

Neste enlace podedes ver o VENRES DE HISTORIAS da biblioteca relacionado co 25N CLICA AQUÍ

CROS ESCOLAR

Un grupo de alumnos e alumnas do Vales viaxou ata Monfero cos profes de Educación Física para participar nun Cros Escolar este 24 de novembro, dentro do programa Xogade da Fundación Deporte Galego.

Pasaron unha xornada moi divertida na que deron todo o mellor de sí mesmos.

 PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO COS MELLORES MOMENTOS!

VISITA AOS AXENTES FORESTAIS

O pasado xoves o alumnado de 2º de Primaria recibiu a visita de Chus, técnica forestal, que lles deu unha charla sobre o traballo dos técnicos e dos axentes forestais. Despois tiveron a sorte de visitar o Distrito Forestal, onde o alumnado puido subirse aos distintos medios de transporte, manexar unha mangueira e probar distintos accesorios do equipamento que empregan os profesionais. Pasánono moi ben!

PREMEDE NA IMAXE!

Distribuir contido