Saltar navegación

9. SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE

Para levar a cabo o presente Proxecto Documental Integrado tivemos en conta que o desenvolvemento das competencias vese favorecido polo desenvolvemento dunha metodoloxía didáctica que recoñece ao alumnado como axente da súa propia aprendizaxe. Por iso, consideramos imprescindible a implantación de propostas pedagóxicas que, partindo dos centros de interese dos alumnos e das alumnas, lles permitan construír o coñecemento con autonomía e creatividade dende as súas propias aprendizaxes e experiencias.

Así, deseñamos unha serie de situacións de aprendizaxe que concretan e avaliarán as experiencias de aprendizaxe do alumnado e que están compostas por tarefas de crecente complexidade, en función dos diferentes niveis educativos que existen no noso centro, cuxa resolución implica á construción de novas aprendizaxes.

FASE PREVIA

  • ELECCIÓN DUN CONTO TRADICIONAL:
    • Cada nivel escollerá un conto tradicional para traballar co seu alumnado.
    • Os contos deben ser diferentes en cada nivel.
    • Farase esta elección pensando nas posibilidades que es conto ofrece para o entroido.
    • Comunicaráselle a elección ao equipo de biblioteca o antes posible.
  • ELECCIÓN DUNHA ÁRBORE:
    • Trasladarase un listado de árbores típicas dos bosques galegos.
    • Cada aula escollerá unha desas árbores e anotarase no listado.
    • As árbores deben ser diferentes dentro de cada etapa educativa.
    • Completado o listado, faraselle chegar ao equipo de voz natura.

CONTOS ELIXIDOS

  • EDUCACIÓN INFANTIL
    • 4º EI: Garavanciño.
    • 5º EI: Os tres porquiños.
    • 6º EI: Brancaneves.
  • EDUACIÓN PRIMARIA:
    • 1º EP: O frautista de Hamelin.
    • 2º EP: Peter Pan.
    • 3º EP: Hansel e Gretel.
    • 4º EP: O mago de Oz.
    • 5º EP: Carapuchiña Vermella.
    • 6º EP: A bela dormente.
  • EEI de Coirós: Pinocho.

COMEZA A AVENTURA

No mes de outubro realizaremos, na biblioteca, unha actividade para implicar ao alumnado na realización deste proxecto documental integrado.

As mascotas das diferentes bibliotecas (Leo e Mariña) contaranlle ao alumnado que no verán abriuse un portal máxico a un bosque no que habitan todas as personaxes dos contos clásicos. Pero hai un problema, esas personaxes atravesaron o portal e están escondidas na nosa biblioteca. As mascotas pedirán a axuda do alumnado para atopalas.

O alumnado seguirá unhas pistas, coas que aprenderá a moverse pola biblioteca, e atopará as personaxes do conto elixido no seu nivel.

As mascotas nomearanos protectores dos contos.

COMEZA A AVENTURA - INFANTIL

COMEZA A AVENTURA - PRIMARIA

PROTEXENDO... OS CONTOS

Leo e Mariña contactarán coas diferentes aulas para explicarlles que o bosque dos contos está desaparecendo porque os contos unicamente existen se se transmiten e que o alumnado do cole non coñece o conto que lles tocou protexer. Para evitar que o seu conto desapareza, pediranlle ao alumnado que o dean a coñecer a todo o cole.

Para logralo, deberán investigar (por exemplo) sobre o que é un conto tradicional, os elementos e as partes dun conto, as descricións de personaxes e paisaxes, diferentes versións dos seus contos, formas para dar a coñecer o seu conto (contacontos, títeres, teatro de sombras...).

PRODUTO FINAL: Representación oral (no mes de decembro) do conto que lles tocou protexer para unha aula de cada nivel (no formato que cada aula prefira). Tamén se fará unha gravación do produto final para facelo chegar a toda a comunidade educativa.

PROTEXENDO...OS CONTOS

PROTEXENDO... OS BOSQUES

No mes de novembro Leo/Mariña volverán a contactar coas aulas para decirlles que os problemas continúan no bosque dos contos. As árbores están morrendo. Como Leo e Mariña non saben o que lles pasa, contactan con Mero e este dilles que para axudar as árbores o bosque dos contos precisa toda a ainformación que poidan reunir de cada unha das árbores. Leo/Mariña pediranlle ao alumnado que apadriñen unha árbore (a elixida na fase previa) e que busquen toda a información que poidan para poder trasladarlla a Mero e que este lles axude a protexes as árbores do bosque dos contos.

PRODUTO FINAL: Dossier informativo (panel, póster, tríptico...) sobre a árbore apadriñada.

OUTROS POSIBLES PRODUTOS:

  • Herbario das diferentes fases da nosa árbore ao longo das estacións.
  • Creación da árbore que apadriñamos para decorar a aula.

O MUSEO DOS CONTOS

No mes de xaneiro Leo/Mariña comunicaranlle ao alumnado que o seu conto está a salvo xa que o deron a coñecer a toda a comunidade educativa, mais que existe un novo problema. As personaxes do seu conto viron como é o noso mundo e non queeren volver ao rol que teñen no seu conto. O alumnado deberá pensar nunhas características máis actuais para as súas personaxes e plasmarán o resultado no disfraz de entroido.

Así mesmo, deberán crear elementos propios do seu conto que sirvan de complemento para ambientar o entroido e que despois se depositarán no "museo dos contos" (un espazo que crearemos para este fin no centro).

PRODUTO FINAL: Deseño do disfraz de entroido e elaboración de complementos.

UN MAR DE BOSQUES

Despois do entroido, Mero comunicaralles que grazas as súas investigacións xa sabe oq ue lles pasa as árbores do bosque... están tristes porque ninguén as valora nos contos. Mero terá a solución. Pediralle ao alumnado que investiguen todo o que poidan sobre os bosques e que creen unha historia onde a protagonista sexa a árbore sobre a que investigaron.

Para documentarse investigarán sobre os tipos de bosques que existen, a súa importancia, as actividades físicas que se poden realizar, que se enconde nos bosques (animais e seres máxicos), os oficios vinculados aos bosques...

PRODUTO FINAL: Elaboración dun conto, poema, obra de teatro... onde a protagonista sexa a nosa árbore.

REINVENTANDO HISTORIAS

En abril, Leo/Mariña comunicaránlle ao alumnado que as personaxes dos diferentes contos o pasaron tan ben no entroido coas súas novas personalidades que se negan a volver aos seus contos tradicionais. Para evitar que estas personaxes desaparezan, Leo/Mariña pediranlle ao alumnado que reinvente historias nas que as personaxes si queiran vivir. Para iso elixirán personaxes de diferentes contos e crearán unha historia nova para eles nun bosque galego que plasmarán en formato banda deseñada (previa investigación sobre esta).

PRODUTO FINAL: Elaboración dunha balconada na que apareza reflectida unha nova historia para as personaxes elixidas nun bosque galego en formato banda deseñada.

LIBERANDO PRODUCIÓNS

Para dar a coñecer todas as nosas producións, en xuño habilitarase unha zona no centro na que se expoñerán todos os produtos finais físicos (árbores, herbario, museo dos contos, historias, balconadas...).

Así mesmo, solicitaremos ao Concello a posibilidade de que cada nivel apadriñe unha árbore dunha zona próxima ao centro educativo. Xunta a nosa árbore apadriñada colocaremos códigos QR que levarán as persoas visitantes desa zona aos diferentes produtos elaborados polo alumnado, liberando ao mundo todas as nosas producións.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)