Saltar navegación

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Neste apartado recóllense os referentes que teremos en conta para valorar o desempeño esperado no alumnado nas situacións e actividades propostas neste PDI ás que se refiren os obxectivos de cada área. Neste sentido, os criterios de avaliación actuarán como unha ponte de conexión entre os contidos e os obxectivos de área, polo que serán o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado e describirán aquilo que queremos valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)