Saltar navegación

8. ORIENTACIÓNS PEDAGÓXICAS

Para a posta en práctica do presente PDI nos diferentes niveis, levaranse a cabo diversas metodoloxías activas que busquen o o alumnado sea o protagonista da súa propia aprendizaxe, mediante a participación, a colaboración, a resolución de problemas e a aplicación práctica de coñecementos.

A continuación, establecemos as características principais das diferentes metodoloxías activas que se levarán a cabo ao longo deste proxecto.

ABP (Aprendizaxe Baseado en Proxectos)

Metodoloxía que propón que o alumnado aprenda a través da realización de proxectos que respondan a unha pregunta ou a un problema real, e impliquen a integración de diferentes áreas de coñecemento, o traballo en equipo, a investigación, a creatividade e a presentación dos resultados.

APRENDIZAXE-SERVIZO (Service Learning)

É unha metodoloxía que combina a aprendizaxe de contidos curriculares co compromiso social e a participación didadá, mediante a realización de accións solidarias que responden a unha necesidade da comunidade.

GAMIFICACIÓN

É unha metodoloxía que utiliza elementos e dinámicas propias de xogos, como os puntos, as insignias, os niveis, os retos ou as recompensas, para motivar ao alumnado, fomentar a súa implicación e mellorar o seu rendemento académico.

APRENDIZAXE BASEADA EN RETOS

É unha metodoloxía que plantea ao alumnado un reto ou un desafío real, relevante e significativo, que require dunha solución creativa e innovadora, e implica un impacto positivo na sociedade ou no entorno. O alumnado debe investigar, deseñar, prototipar, avaliar e comunicar a súa proposta de solución, empregando as tecnoloxías dixitais como ferramentas de apoio.

APRENDIZAXE BASEADA EN XOGOS

É unha metodoloxía que utiliza os xogos como medio para favorecer a apendizaxe do alumnnado, aproveitando o seu potencial lúdico, motivador e emocional. Os xogos poden ser tanto dixitais como analóxicos, e estarán adaptados ao nivel, obxectivos e saberes básicos de cada materia. Os xogos permitirán ao alumnado desenvolver habilidades como a atención, a memoria, a concentración, a lóxica, a estratexia, a creatividade e a cooperación.

APRENDIZAXE BASEADO EN PROBLEMAS

É unha metodoloxía que plantea ao alumnado un problema ou unha situación complexa, que require da análise crítica e da aplicación de coñecementos previos ou novos para atopar unha solución. O alumnado deberá definir o problema, buscar información, xerar hipóteses, avaliar alternativas e comunicar as súas conclusións.

APRENDIZAXE BASEADO NO PENSAMENTO

É unha metodoloxía que busca desenvolver as habilidades de pensamento do alumnado, como a observación, a comparación, a clasificación, a inferencia, a dedución, a indución, a argumentación, a creatividade e a metacognición. Para iso, empregaranse diferentes estratexias e ferramentas, como as rutinas de pensamento, os mapas conceptuais, os organizadores gráficos, os diagramas de Venn...

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)