Saltar navegación

6.1 CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Educación Infantil

COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN DA REALIDADE

BLOQUE 1. INTENCIÓN E INTERACCIÓN COMUNICATIVA

CA1.1. Participar de maneira activa e axustada, espontánea e respectuosa coas diferenzas individuais en situacións comunicativas de diverso tipo. → OBX1

CA1.2. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións artísticas, tamén en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando unha actitude curiosa e responsable. → OBX2

CA1.3. Expresar emocións, ideas e pensamentos a través de manifestacións artísticas e culturais, gozando do proceso creativo. → OBX5

CA1.4. Axustar o seu repertorio comunicativo ás propostas, aos interlocutores e ao contexto, indagando nas posibilidades expresivas das diferentes linguaxes. → OBX1

BLOQUE 2. AS LINGUAS E OS SEUS FALANTES

CA2.1. Participar en situacións de uso de diferentes linguas mostrando interese, curiosidade e respecto pola diversidade de perfís lingüísticos. → OBX1

CA2.2. Participar en diferentes situacións de uso das dúas linguas cooficiais recoñecendo a importancia de ambas as dúas para fomentar a riqueza cultural da nosa comunidade. → OBX3

CA2.3. Descubrir e utilizar o vocabulario propio das linguas cooficiais mostrando interese polo seu uso. → OBX5

CA2.4. Valorar positivamente as particularidades lingüísticas da contorna próxima. → OBX5

CA2.5. Relacionarse coas demais persoas a través da fala empregando as expresións de convencións sociais básicas que regulan as relacións interpersoais. → OBX2

CA2.6. Relacionarse con normalidade a través da fala na pluralidade lingüística e cultural da súa contorna, manifestando interese por outras linguas, etnias e culturas. → OBX5

CA2.7. Participar en interaccións comunicativas en lingua estranxeira relacionadas con rutinas e situacións cotiás. → OBX5

BLOQUE 3. COMUNICACIÓN VERBAL ORAL. COMPRENSIÓN - EXPRESIÓN - DIÁLOGO

CA3.1. Percibir, identificar e discriminar sons da lingua aumentando o seu repertorio comunicativo e adquirindo progresivamente unha maior precisión. → OBX1

CA3.2. Interpretar de forma eficaz as mensaxes e as intencións comunicativas dos demais. → OBX2

CA3.3. Facer un uso funcional da linguaxe oral aumentando o seu repertorio lingüístico e construíndo progresivamente un discurso máis eficaz, organizado e coherente en contextos formais e informais. → OBX3

CA3.4. Utilizar a linguaxe oral como instrumento regulador da acción nas interaccións cos demais con seguridade e confianza. → OBX3

CA3.5. Evocar e expresar espontaneamente ideas a través do relato oral. → OBX3

CA3.6. Expresar oralmente mensaxes facendo transferencias doutras linguaxes (musical, plástica, gráfica, escrita e corporal) e indagando nas posibilidades comunicativas que ofrece a combinación delas. → OBX3

BLOQUE 4. APROXIMACIÓN Á LINGUAXE ESCRITA

CA4.1. Mostrar interese por comunicarse a través de códigos escritos, convencionais ou non, valorando a súa función comunicativa. → OBX4

CA4.2. Identificar algunha das características textuais e paratextuais mediante a indagación acompañada en textos de uso social libres de todo tipo de prexuízos e estereotipos. → OBX4

CA4.3. Desenvolver as habilidades grafomotrices do alumnado progresando no control e precisión. → OBX4

CA4.4. Producir diferentes textos individualmente ou en grupo, con escritura convencional ou non, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información, gozo… →OBX4

CA4.5. Elaborar de forma escrita mensaxes expresadas noutras linguaxes (musical, plástica, gráfica, corporal e oral), indagando nas posibilidades comunicativas que ofrecen as transferencias entre elas. → OBX4

BLOQUE 5. APROXIMACIÓN Á EDUCACIÓN LITERARIA

CA5.1. Identificar algunha das características textuais e paratextuais mediante a indagación acompañada en textos de uso social libres de todo tipo de prexuízos e estereotipos. →  OBX4

CA5.2. Recorrer á biblioteca como fonte de información e gozo e banco de recursos, respectando as súas normas de uso. → OBX4

CA5.3. Gozar compartindo a escoita e a lectura de textos literarios. →  OBX5

CA5.4. Participar en actividades de aproximación á literatura infantil, tanto de carácter individual coma en contextos dialóxicos e participativos, descubrindo, explorando e apreciando a beleza da linguaxe literaria. → OBX5

CA5.5. Expresar gustos, preferencias e opinións sobre distintas manifestacións artísticas, explicando as emocións que produce o seu gozo. →  OBX5

BLOQUE 6. LINGUAXE E EXPRESIÓN MUSICAL

CA6.1. Percibir, identificar e discriminar sons. → OBX1

CA6.2. Interpretar propostas dramáticas e musicais utilizando e explorando diferentes instrumentos, recursos ou técnicas. → OBX3

CA6.3. Valorar as producións dos demais de forma crítica, respectuosa e empática. → OBX3

CA6.4. Expresar emocións, ideas e pensamentos a través de manifestacións artísticas e culturais, gozando do proceso creativo. → OBX5

CA6.5. Expresar gustos, preferencias e opinións sobre distintas manifestacións artísticas, explicando as emocións que produce o seu gozo. → OBX5

CA6.6. Interpretar musicalmente mensaxes expresadas noutras linguaxes (oral, plástica, gráfica, escrita e corporal), indagando nas posibilidades expresivas que ofrecen as transferencias entre elas. → OBX5

BLOQUE 7. LINGUAXE E EXPRESIÓN PLÁSTICA E VISUAL

CA7.1. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións artísticas, tamén en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando unha actitude curiosa e responsable. → OBX2

CA7.2. Elaborar creacións plásticas explorando e utilizando diferentes materiais e técnicas e participando activamente no traballo en grupo. →  OBX3

CA7.3. Expresar emocións, ideas e pensamentos a través de manifestacións plásticas, artísticas e culturais, gozando do proceso creativo. → OBX5

CA7.4. Expresar gustos, preferencias e opinións sobre distintas manifestacións artísticas, explicando as emocións que produce o seu gozo. → OBX5

CA7.5. Valorar as producións dos demais de forma crítica, respectuosa e empática. → OBX3

CA7.6. Elaborar creacións plásticas a partir de mensaxes expresadas noutras linguaxes (musical, oral, gráfico, escrito e corporal) e indagar nas posibilidades expresivas que ofrecen as transferencias entre eles. → OBX3

BLOQUE 8. LINGUAXE E EXPRESIÓN CORPORAL

CA8.1. Explorar as posibilidades expresivas do corpo a través da dramatización e da danza. → OBX3

CA8.2. Axustar harmonicamente o seu movemento ao dos demais e ao espazo como forma de expresión corporal libre, manifestando interese e iniciativa. → OBX3

CA8.3. Valorar as producións dos demais de forma crítica, respectuosa e empática. → OBX3

CA8.4. Interpretar corporalmente mensaxes expresadas noutras linguaxes (musical, plástica, gráfica, escrita e oral) e indagar nas posibilidades expresivas que ofrecen as transferencias entre elas. → OBX3

BLOQUE 9. ALFABETIZACIÓN DIXITAL

CA9.1. Interactuar de maneira virtual familiarizándose co uso de diferentes medios e ferramentas dixitais. → OBX1

CA9.2. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións artísticas, ou en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando unha actitude curiosa e responsable. → OBX2

CA9.3. Expresarse de maneira creativa utilizando diversas ferramentas ou aplicacións dixitais intuitivas e visuais para expresarse de maneira creativa. → OBX3

CA9.4. Coñecer e aplicar as normas básicas de uso das ferramentas tecnolóxicas: tempos de utilización, contextos e momentos de uso, tipo de aplicacións, contidos axeitados. → OBX2

CRECEMENTO EN HARMONÍA

BLOQUE 1. O CORPO E O CONTROL PROGRESIVO DESTE

CA1.1. Progresar no coñecemento do seu corpo axustando accións e reaccións e desenvolvendo o equilibrio, a percepción sensorial e a coordinación no movemento. → OBX1

CA1.2. Recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e nas súas diferentes partes mostrando un nivel de detalle acorde á súa idade ou estado madurativo, chegando a interiorizar paulatinamente o seu esquema corporal. → OBX1

CA1.3. Recoñecer as percepcións sensoriais propioceptivas e extereoceptivas captadas a través dos sentidos verbalizando as sensacións que producen. → OBX1

CA1.4. Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. → OBX1

CA1.5. Coordinar e controlar ou seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá, mostrando un variado repertorio motriz. → OBX1

CA1.6. Participar en contextos de xogo dirixido e espontáneo axustándose ás súas posibilidades persoais e mostrando destrezas motoras e habilidades manipulativas cada vez máis axustadas. → OBX1

CA1.7. Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade. → OBX4

CA1.8. Manexar diferentes obxectos, útiles e ferramentas en situacións de xogo e na realización de tarefas cotiás, mostrando un control progresivo e de coordinación de movementos de carácter fino. → OBX1

BLOQUE 2. EQUILIBRIO EMOCIONAL E DESENVOLVEMENTO DA AFECTIVIDADE

CA2.1. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender as dos demais. → OBX1

CA2.2. Manifestar sentimentos de seguridade persoal na participación en xogos e nas diversas situacións da vida cotiá, confiando nas propias posibilidades e mostrando iniciativa. → OBX1

CA2.3. Participar en contextos de xogo dirixido e espontáneo axustándose ás súas posibilidades persoais. → OBX1

CA2.4. Identificar e expresar as súas necesidades e sentimentos axustando progresivamente o control das súas emocións. → OBX2

CA2.5. Adquirir un nivel mínimo de tolerancia á frustración e ser capaz de adaptar o seu comportamento a diferentes situacións. → OBX2

CA2.6. Ofrecer e pedir axuda en situacións cotiás valorando os beneficios da cooperación e da axuda entre iguais. → OBX2

CA2.7. Expresar inquietudes, gustos e preferencias mostrando satisfacción e seguridade sobre os logros conseguidos. → OBX2

CA2.8. Participar con iniciativa en xogos e actividades colectivas relacionándose con outras persoas con actitudes de afecto e empatía, aceptando as diferenzas individuais e evitando todo tipo de discriminación. → OBX4

BLOQUE 3. HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE PARA O AUTOCOIDADO E O COIDADO DA CONTORNA

CA3.1. Manexar diferentes obxectos, útiles e ferramentas en situacións de xogo e na realización de tarefas cotiás, mostrando un control progresivo e de coordinación de movementos de carácter fino. → OBX1

CA3.2. Recoñecer hábitos de saúde, alimentación saudable, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais. → OBX3

CA3.3. Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas, aceptando as normas. → OBX3

CA3.4. Realizar actividades relacionadas co autocoidado e co coidado da contorna con actitude de respecto e mostrando autoconfianza e iniciativa. → OBX3

CA3.5. Respectar a secuencia temporal asociada aos acontecementos e actividades cotiás, adaptándose ás rutinas establecidas para o grupo e desenvolvendo comportamentos respectuosos cara ás demais persoas. → OBX3

CA3.6. Resolver con iniciativa e autonomía actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas. → OBX3

BLOQUE 4. INTERACCIÓN SOCIOEMOCIONAL NA CONTORNA. A VIDA COAS DEMAIS PERSOAS

CA4.1. Manifestar sentimentos de seguridade persoal na participación en xogos e nas diversas situacións da vida cotiá, confiando nas propias posibilidades e mostrando iniciativa. → OBX1

CA4.2. Respectar a secuencia temporal asociada aos acontecementos e actividades cotiás, adaptándose ás rutinas establecidas para o grupo e desenvolvendo comportamentos respectuosos cara ás demais persoas. → OBX3

CA4.3. Participar con iniciativa en xogos e actividades colectivas relacionándose con outras persoas con actitudes de afecto e empatía e evitando todo tipo de discriminación. → OBX4

CA4.4. Relacionarse de maneira asertiva, con tolerancia e eficacia coas persoas coas que interacciona nas súas rutinas diarias e nas súas actividades cotiás. → OBX4

CA4.5. Reproducir condutas, accións ou situacións a través do xogo simbólico en interacción cos seus iguais, identificando e rexeitando todo tipo de estereotipos. → OBX4

CA4.6. Participar activamente en actividades relacionadas coa reflexión sobre as normas sociais que regulan a convivencia e promoven valores como o respecto á diversidade e o trato non discriminatorio cara ás persoas. → OBX4

CA4.7. Desenvolver destrezas e habilidades para a xestión de conflitos de forma positiva propoñendo alternativas creativas e tendo en conta o criterio doutras persoas. → OBX4

CA4.8. Participar, desde unha actitude de respecto, en actividades relacionadas con costumes e tradicións étnicas e culturais presentes na súa contorna mostrando interese por coñecelas. → OBX4

DESCUBRIMENTO E EXPLORACIÓN DA CONTORNA

BLOQUE 1. DIÁLOGO CORPORAL COA CONTORNA. EXPLORACIÓN CREATIVA DE OBXECTOS, MATERIAIS E ESPAZOS

CA1.1. Establecer distintas relacións entre os obxectos a partir das súas calidades ou atributos mostrando curiosidade e interese. → OBX1

CA1.2. Empregar os cuantificadores básicos máis significativos no contexto do xogo e na interacción coas demais persoas. → OBX1

CA1.3. Identificar e asociar as cantidades cos seus números e grafías nas actividades cotiás empregando o cálculo como fonte de información. → OBX1

CA1.4. Recoñecer na súa contorna cotiá elementos xeométricos básicos. → OBX1

CA1.5. Situarse adecuadamente nos espazos habituais, tanto en repouso coma en movemento, aplicando os seus coñecementos sobre as nocións espaciais básicas e xogando co propio corpo e con obxectos. → OBX1

CA1.6. Describir e representar graficamente a súa situación con relación aos obxectos e ás demais persoas usando vocabulario topolóxico básico. → OBX1

CA1.7. Identificar as situacións cotiás en que é preciso medir e cuantificar utilizando o corpo ou outros materiais e ferramentas para efectuar as medidas. → OBX1

CA1.8. Recoñecer e utilizar as nocións temporais básicas ordenando temporalmente feitos referidos á súa propia vida e accións cotiás. → OBX1

BLOQUE 2. EXPERIMENTACIÓN NA CONTORNA. CURIOSIDADE, PENSAMENTO CIENTÍFICO E CREATIVIDADE

CA2.1. Identificar as situacións cotiás en que é preciso medir e cuantificar utilizando o corpo ou outros materiais e ferramentas para efectuar as medidas. → OBX1

CA2.2. Xestionar situacións, dificultades, retos ou problemas planificando secuencias de actividades, mostrando interese e iniciativa e colaborando cos seus iguais. → OBX2

CA2.3. Aplicar estratexias para canalizar a frustración ante as dificultades ou os problemas. → OBX2

CA2.4. Expor hipóteses sobre o comportamento de certos elementos ou materiais verificándoos a través da manipulación e da actuación sobre eles. → OBX2

CA2.5. Utilizar diferentes estratexias para a toma de decisións con progresiva autonomía afrontando o proceso de creación de solucións orixinais en resposta aos retos que se lle presenten. → OBX2

CA2.6. Programar secuencias de accións ou instrucións para a resolución de tarefas analóxicas e dixitais que favorezan o desenvolvemento de habilidades básicas de pensamento computacional. → OBX2

CA2.7. Participar en proxectos empregando dinámicas e estruturas cooperativas, compartindo e valorando opinións propias e alleas e expresando conclusións persoais a partir delas. → OBX2

CA2.8. Iniciarse en actividades relacionadas coa metodoloxía STEAM como modelo de aprendizaxe activo. → OBX2

BLOQUE 3. INDAGACIÓN NO MEDIO FÍSICO E NATURAL. COIDADO, VALORACIÓN E RESPECTO

CA3.1. Mostrar unha actitude de respecto e coidado e protección cara ao medio natural e os animais identificando o impacto dalgunhas accións humanas sobre el. → OBX3

CA3.2. Establecer relacións causa-efecto entre o medio natural e social a partir do coñecemento e da observación dalgúns fenómenos naturais e dos elementos patrimoniais presentes no medio físico. → OBX3

CA3.3. Identificar elementos naturais imprescindibles na vida das persoas, as súas características e a necesidade de facer un uso responsable deles. → OBX3

CA3.4. Descubrir e recoñecer os elementos máis identificativos do patrimonio natural, tanto da contorna coma da comunidade. → OBX3

CA3.5. Identificar trazos comúns e diferentes entre seres vivos e inertes, así como as súas características máis significativas. → OBX3

CA3.6. Valorar a necesidade de coidar e de respectar os seres vivos. → OBX3

BLOQUE 4. DESCUBRIMENTO E PARTICIPACIÓN NA CONTORNA SOCIAL. RELACIÓNS, SERVIZOS E ACTIVIDADES CULTURAIS

CA4.1. Identificar o núcleo familiar e a escola como os primeiros grupos sociais de pertenza valorando positivamente as relacións afectivas que se establecen e a súa importancia no desenvolvemento persoal. → OBX4

CA4.2. Valorar a importancia das relacións sociais coas persoas da súa contorna. → OBX4

CA4.3. Recoñecer diferentes modelos familiares mostrando respecto polas diferenzas. Descubrir e identificar os parentescos. → OBX4

CA4.4. Descubrir as distintas profesións, organizacións e servizos da contorna valorando as súas funcións e a importancia social da súa actividade. → OBX4

CA4.5. Coñecer e participar en festas, costumes e tradicións, propias e alleas, presentes na contorna gozando e valorándoas como sinais de identidade. → OBX4

CA4.6. Identificar elementos propios do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus personaxes máis relevantes. → OBX4

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)