Saltar navegación

5.2 OBXECTIVOS DE ÁREA: Educación Primaria

CIENCIAS DA NATUREZA

OBXECTIVO 1. Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

OBXECTIVO 2. Coñecer e tomar conciencia do propio corpo, así como das emocións e sentimentos propios e alleos, aplicando o coñecemento científico, para desenvolver hábitos saudables e para conseguir o benestar físico, emocional e social.

OBXECTIVO 3. Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, analizando a súa organización e propiedades, e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o seu valor, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

OBXECTIVO 4. Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, co coidado e coa protección das persoas e do planeta.

OBXECTIVO 5. Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

OBXECTIVO 6. Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

CIENCIAS SOCIAIS

OBXECTIVO 1. Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.

OBXECTIVO 2. Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.

OBXECTIVO 3. Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e as propiedades e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o valor do patrimonio cultural, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

OBXECTIVO 4. Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, desde os puntos de vista social, económico, cultural, tecnolóxico e ambiental, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.

OBXECTIVO 5. Observar, comprender e interpretar continuidades e cambios do medio natural, social e cultural, analizando relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión, para explicar e valorar as relacións entre diferentes elementos e acontecementos.

OBXECTIVO 6. Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestións éticas, para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea.

OBXECTIVO 7. Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

EDUCACIÓN FÍSICA

OBXECTIVO 1. Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.

OBXECTIVO 2. Adaptar os elementos propios do esquema corporal, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e as destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións, para dar resposta ás demandas de proxectos motores e de prácticas motrices con distintas finalidades en contextos da vida diaria.

OBXECTIVO 3. Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude empática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.

OBXECTIVO 4. Recoñecer e practicar diferentes manifestacións lúdicas, físico-deportivas e artístico-expresivas propias da cultura motriz, valorando a súa influencia e as súas achegas estéticas e creativas á cultura tradicional e contemporánea, para integralas nas situacións motrices que se utilizan regularmente na vida cotiá.

OBXECTIVO 5. Valorar diferentes medios naturais e urbanos como contextos de práctica motriz, interactuando con eles, comprendendo a importancia da súa conservación desde un enfoque sustentable e adoptando medidas de responsabilidade individual durante a práctica de xogos, de actividades físico-deportivas e de ocio, para realizar unha práctica eficiente e respectuosa coa contorna e participar no seu coidado e mellora.

EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E ÉTICOS

OBXECTIVO 1. Deliberar e argumentar sobre problemas de carácter ético referidos a si mesmo e á súa contorna, buscando e analizando información fiable e xerando unha actitude reflexiva respecto diso, para promover o autocoñecemento e a autonomía moral.

OBXECTIVO 2. Actuar e interactuar de acordo con normas e valores cívicos e éticos, recoñecendo a súa importancia para a vida individual e colectiva e aplicándoos de maneira efectiva e argumentada en distintos contextos, para promover unha convivencia democrática, xusta, inclusiva, respectuosa e pacífica.

OBXECTIVO 3. Comprender as relacións sistémicas entre o individuo, a sociedade e a natureza, a través do coñecemento e da reflexión sobre os problemas ecosociais, para comprometerse activamente con valores e prácticas consecuentes co respecto, coidado e protección das persoas e do planeta.

OBXECTIVO 4. Desenvolver a autoestima e a empatía coa contorna, identificando, xestionando e expresando emocións e sentimentos propios, e recoñecendo e valorando os dos outros, para adoptar unha actitude fundada no coidado e no aprecio de si mesmo, dos demais e do resto da natureza.

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

OBXECTIVO 1. Descubrir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.

OBXECTIVO 2. Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.

OBXECTIVO 3. Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, da imaxe e dos medios dixitais, para producir obras propias.

OBXECTIVO 4. Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

MÚSICA E DANZA

OBXECTIVO 1. Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.

OBXECTIVO 2. Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas.

OBXECTIVO 3. Investigar sobre diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.

OBXECTIVO 4. Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias.

OBXECTIVO 5. Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA - LINGUA GALEGA E LITERATURA

OBXECTIVO 1. Recoñecer a diversidade lingüística do mundo a partir da identificación das linguas do alumnado e a realidade lingüística de Galicia e plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos, e para valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.

OBXECTIVO 2. Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.

OBXECTIVO 3. Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBXECTIVO 4. Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBXECTIVO 5. Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

OBXECTIVO 6. Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

OBXECTIVO 7. Ler de maneira autónoma obras diversas seleccionadas atendendo aos seus gustos e intereses, compartindo as experiencias de lectura, para iniciar a construción da identidade lectora, para fomentar o gusto pola lectura como fonte de pracer e para gozar da súa dimensión social.

OBXECTIVO 8. Ler, interpretar e analizar, de maneira acompañada, obras ou fragmentos literarios adecuados ao seu desenvolvemento, establecendo relacións entre eles e identificando o xénero literario e as súas convencións fundamentais, para iniciarse no recoñecemento da literatura como manifestación artística e fonte de pracer, coñecemento e inspiración para crear textos de intención literaria.

OBXECTIVO 9. Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

OBXECTIVO 10. Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

LINGUA ESTRANXEIRA

OBXECTIVO 1. Comprender o sentido xeral e información específica e predicible de textos breves e sinxelos, expresados de forma clara e na lingua estándar, facendo uso de diversas estratexias e recorrendo, cando sexa necesario, ao uso de distintos tipos de apoio, para desenvolver o repertorio lingüístico e para responder a necesidades comunicativas cotiás.

OBXECTIVO 2. Producir textos sinxelos de maneira comprensible e estruturada, mediante o emprego de estratexias como a planificación ou a compensación, para expresar mensaxes breves relacionados con necesidades inmediatas e responder a propósitos comunicativos cotiás.

OBXECTIVO 3. Interactuar con outras persoas usando expresións cotiás, recorrendo a estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a necesidades inmediatas do seu interese en intercambios comunicativos respectuosos coas normas de cortesía.

OBXECTIVO 4. Mediar en situacións predicibles, usando estratexias e coñecementos para procesar e transmitir información básica e sinxela, co fin de facilitar a comunicación.

OBXECTIVO 5. Recoñecer e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento e identificando as estratexias e coñecementos propios, para mellorar a resposta a necesidades comunicativas concretas en situacións coñecidas.

OBXECTIVO 6. Apreciar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, identificando e valorando as diferenzas e semellanzas entre linguas e culturas, para aprender a xestionar situacións interculturais.

MATEMÁTICAS

OBXECTIVO 1. Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.

OBXECTIVO 2. Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.

OBXECTIVO 3. Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.

OBXECTIVO 4. Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.

OBXECTIVO 5. Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.

OBXECTIVO 6. Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiada, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.

OBXECTIVO 7. Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas. 

OBXECTIVO 8. Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)