Saltar navegación

2.1 OBXECTIVOS DE ETAPA: Educación Infantil

Co presente PDI pretendemos o desenvolvemento integral e harmónico do alumnado en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística, potenciando a autonomía persoal e a creación progresiva dunha imaxe positiva e equilibrada de si mesmo, así como á educación en valores cívicos para a convivencia.

O PDI contribuirá a desenvolver nas nenas e nos nenos os seguintes obxectivos xerais desta etapa:

  • Coñecer o seu propio corpo e o das outras persoas, así como as súas posibilidades de acción, e aprender a respectar as diferenzas.
  • Observar e explorar a súa contorna familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
  • Desenvolver as súas capacidades emocionais e afectivas.
  • Relacionarse coas demais persoas en igualdade e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse no uso da empatía e a resolución pacífica de conflitos, evitando calquera tipo de violencia.
  • Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
  • Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, na lectura e a escritura, e no movemento, o xesto e o ritmo.
  • Promover, aplicar e desenvolver as normas sociais que fomentan a igualdade entre mulleres e homes.
  • Coñecer e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galegas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)