Saltar navegación

4.1 COMPETENCIAS ESPECÍFICAS: Educación Infantil

COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN DA REALIDADE

COMPETENCIA ESPECÍFICA 1. Manifestar interese por interactuar en situacións cotiás a través da exploración e o uso do seu repertorio comunicativo, para expresar as súas necesidades e intencións e para responder as esixencias da contorna

COMPETENCIA ESPECÍFICA 2. Interpretar e comprender mensaxes e representacións apoiándose en coñecementos e recursos da súa propia experiencia para responder as demandas da contorna e construír novas aprendizaxes.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 3. Producir mensaxes de maneira eficaz, persoal e creativa, utilizando diferentes linguaxes, descubrindo os códigos de cada un deles e explorando as súas posibilidades expresivas, para responder a diferentes necesidades comunicativas.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 4. Participar por iniciativa propia en actividades relacionadas con textos escritos, mostrando interese e curiosidade por comprender a súa funcionalidade e algunhas das súas características.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 5. Valorar a diversidade lingüística presente na súa contorna, así como outras manifestacións culturais, para enriquecer as súas estratexias comunicativas e a súa bagaxe cultural.

CRECEMENTO EN HARMONÍA

COMPETENCIA ESPECÍFICA 1. Progresar no coñecemento e control do seu corpo e na adquisición de distintas estratexias, adecuando as súas accións á realidade da contorna dunha maneira segura, para construír unha autoimaxe axustada e positiva.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 2. Recoñecer, manifestar e regular progresivamente as súas emocións expresando necesidades e sentimentos para lograr benestar emocional e seguridade afectiva.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 3. Adoptar modelos, normas e hábitos, desenvolvendo a confianza nas súas posibilidades e sentimentos de logro, para promover un estilo de vida saudable e ecosocialmente responsable.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 4. Establecer interaccións sociais en condicións de igualdade, valorando a importancia da amizade, o respecto e a empatía, para construír a súa propia identidade baseada en valores democráticos e de respecto aos dereitos humanos.

DESCUBRIMENTO E EXPLORACIÓN DA CONTORNA

COMPETENCIA ESPECÍFICA 1. Identificar as características de materiais, obxectos e coleccións e establecer relacións entre eles, mediante a exploración, a manipulación sensorial, o manexo de ferramentas sinxelas e o desenvolvemento de destrezas lóxico-matemáticas para descubrir e crear unha idea cada vez máis complexa do mundo.

COMPETENCIA ESPECÍFICA 2. Desenvolver, de maneira progresiva, os procedementos do método científico e as destrezas do pensamento computacional, a través de procesos de observación e manipulación de obxectos, para iniciarse na interpretación da contorna e responder de forma creativa ás situacións e retos que se expoñen.

COMPTENCIA ESPECÍFICA 3. Recoñecer elementos e fenómenos da natureza, mostrando interese polos hábitos que inciden sobre ela, para apreciar a importancia do uso sostible, o coidado e a conservación da contorna na vida das persoas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)