Saltar navegación

PROTEXENDO...OS CONTOS

Queridos amigos e queridas amigas,

Como sabedes, grazas a vosa valente colaboración, conseguimos recuperar todas as personaxes dos contos tradicionais, mais sentimos dicir que non podemos cantar vitoria. 

Acabamos de descubrir por que as personaxes dos contos escaparon do BOSQUE DOS CONTOS. Resulta que os contos tradicionais están desaparecendo. Sabes por que? Pois, porque agora eses relatos xa non se contan e moitos nenos e nenas de hoxe en día non coñecen os contos tradicionais. Podedes crelo?

Pero non vos preocupedes. Despois de moito cavilar, temos a solución. Pero precisamos a axuda dos gardiáns e das gardiás dos contos. Podemos contar con vós, verdade?

A vosa misión consistirá en protexer o voso conto. Para iso, debedes preparar con moito esmero un CONTACONTOS para gravalo e que todo o alumnado do Vales coñeza o voso conto e este non desapareza.

Sabemos que é unha misión difícil, mais non vos preocupedes, nós guiarémosvos para que resolvades con éxito esta misión.

ADIANTE, VALENTES. VÓS PODEDES CON TODO!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)