Saltar navegación

Que sabemos? Que queremos saber? Onde o atopamos?

QUE SABEMOS?

Chegou o momento de empezar a traballar. O primeiro paso consiste en que entre todas e todos escribades todas as cousas que xa sabedes. Pensade en se sabedes que é un conto tradicional, se sabedes que é e como se fai un contacontos, se coñecedes o conto que tedes que protexer e todos os seus elementos... Anotade todas as vosas respostas. 

QUE QUEREMOS SABER?

Agora, tedes que pensar en que cousas necesitades investigar e aprender para poder superar a vosa misión con éxito. Pensade se tedes que buscar información do voso conto, se coñecedes todas as personaxes que aparecen nel, se sabedes describir personaxes e lugares ou escenas, se sabedes técnicas para contar ou amosar contos... Anotade todas as vosas respostas.

ONDE O ATOPAMOS?

O último paso, é que pensedes entre todas e todos, en que lugares podes investigar todo o que precisades saber para superar esta misión. Pensade en que cousas podedes atopar nas vosas casas (e con que recursos), que cousas podedes atopar no cole e cales podedes atopar en internet. Anotades todas as vosas respostas.

ORGANIZO A INFORMACIÓN

Agora recompilade toda a información recollida nos tres apartados anteriores nun mesmo lugar dun xeito atractivo. Pode ser nunha cartolina, nun folio, cunha aplicación informática... Unha vez feito (se o tedes no ordenador deberes imprimilo) deberedes expoñelo na vosa aula para que non se vos esqueza en ningún momento que é o que tedes que facer para superar a vosa misión. Unha vez colgado na clase, pedídelle ao mestre ou mestra que lle saque unha foto e que a envíe á Biblioteca para que Mariña e Leo saiban que é o que precisades investigar. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)