Saltar navegación

1. EXPLICACIÓN DA SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Contexto

  • CENTRO: CEIP Francisco Vales Villamarín.
  • ETAPA: Educación Infantil e Educación Primaria.
  • CURSO: Todos.
  • ALUMNADO: 885.
  • LUGAR: Aulas e biblioteca.
  • TEMPORALIZACIÓN: novembro e decembro.

Xustificación

VINCULACIÓN COA VIDA REAL:

  • Adquirir técnicas que permitan unha boa comunicación oral.

VINCULACIÓN COS INTERESES DO ALUMNADO:

  • Os contos.
  • Dramatizacións.

VINCULACIÓN COS ODS:

  • Obxectivo 4. Educación de calidade

CONTRIBUCIÓN AO PERFIL DE SAÍDA:

  • CCL5. Pon as súas prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, a xestión dialogada dos conflitos e a igualdade de dereitos de todas as persoas, e detecta os usos discriminatorios, así como os abusos de poder, para favorecer a utilización non só eficaz senón tamén ética dos diferentes sistemas de comunicación.
  • CP3. Coñece e respecta a diversidade lingüística e cultural presente na súa contorna, e recoñece e comprende o seu valor como factor de diálogo, para mellorar a convivencia.
  • STEM3. Realiza, de forma guiada, proxectos, e deseña, fabrica e avalía diferentes prototipos ou modelos, adaptándose ante a incerteza, para xerar en equipo un produto creativo cun obxectivo concreto; e procura a participación de todo o grupo e resolve pacificamente os conflitos que poidan xurdir.
  • CD3. Participa en actividades ou proxectos escolares mediante o uso de ferramentas ou plataformas virtuais para construír novo coñecemento, comunicarse, traballar cooperativamente e compartir datos e contidos en contornas dixitais restrinxidas e supervisados de maneira segura, cunha actitude aberta e responsable ante o seu uso.
  • CPSAA4. Recoñece o valor do esforzo e a dedicación persoal para a mellora da súa aprendizaxe e adopta posturas críticas en procesos de reflexión guiados.
  • CC2. Participa en actividades comunitarias, na toma de decisións e na resolución dos conflitos de forma dialogada e respectuosa cos procedementos democráticos, os principios e valores da Unión Europea e a Constitución española, os dereitos humanos e da infancia, o valor da diversidade e o logro da igualdade de xénero, a cohesión social e os obxectivos de de-senvolvemento sustentable.
  • CE1. Recoñece necesidades e retos que afrontar e elabora ideas orixinais, utilizando destrezas creativas e tomando conciencia das consecuencias e efectos que as ideas puidesen xerar na contorna, para propoñer solucións valiosas que respondan ás necesidades detectadas.
  • CCEC4. Experimenta de forma creativa con diferentes medios e soportes, e diversas técnicas plásticas, visuais, audiovisuais, sonoras ou corporais, para elaborar propostas artísticas e culturais.

Descrición

Nesta situación de aprendizaxe o alumnado aprenderá a comunicar de forma oral un conto tradicional a través da investigación dos diferentes elementos dun conto e das técnicas para contalos para desenvolver a súa competencia en comunicación oral.

Metodoloxía

  • ABP

Tarefa - Reto - Produto

Grabación dunha representación oral do conto tradicional que ten que protexer cada aula.

Avaliación

TÉCNICAS DE AVALIACIÓN:

  • Observación directa.
  • Análise do desempeño.

INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS DE AVALIACIÓN:

  • Guía de observación

TIPOS DE AVALIACIÓN:

  • Heteroavaliación.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)