Saltar navegación

COMEZA A AVENTURA

Queridos amiguiños e amiguiñas,

Chámome Mariña e son a mascota da Biblioteca. Hoxe pedín que vos trouxeran á biblioteca porque teño que pedirvos un favor enorme. Cóntovos...

Durante o verán estiven preparando a biblioteca para que todo estivese ao voso gusto. Movín algunhas cousiñas para limpar e ordenar e... non sei moi ben como, abriuse un portal máxico. E claro, como son unha fada moi curiosa, entrei a mirar que había ao outro lado e..., sabedes  o que atopei? Atopei o BOSQUE DOS CONTOS. É un bosque no que podedes atopar a todos os seres, obxectos e personaxes de todos os contos do mundo. É un lugar fantástico!

Pero, mentras eu estaba fascinada observando todo o que alí había, moitos dos obxectos, dos seres e das personaxes dos contos que habitan no bosque aproveitaron para entrar na nosa biblioteca. Un carballo do bosque contoume moi preocupado que O BOSQUE DOS CONTOS desaparecería se todos os elementos dos contos non volvían a el. Resulta que o bosque non pode existir se os contos non habitan nel.

Como comprenderedes, rapidamente púxenme a buscar pola biblioteca todos os elementos dos contos que escaparon. Pero non conseguín atopalos todos. Conseguín indagar algunhas pistas para saber onde poden estar escondidos. Gustaríavos axudarme a atopalos? 

MOITAS GRAZAS POR TODO!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)