No momento de deseñar esta actividade de motivación tivemos en conta partir da diversidade do alumnado que temos no centro. Cada persoa responsable de levar a cabo a actividade no nivel correpondente adaptará a actividade ao alumnado correspondente tendo en conta as seguintes pautas que se recollen a continuación.
COMEZA A AVENTURA
4. DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE (DUA)
PROPORCIONAR MÚLTIPLES FORMAS DE IMPLICACIÓN
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA O INTERESE:
- Proporcionaranse opcións, alternativas a unha tarefa ou dentro da mesma tarefa, que permitan responder as diferenzas inter e intraindividuales e conectar coas preferencias ou potencial de cada estudante.
- Utilizaranse estratexias e metodoloxías que promovan que os estudantes identifiquen a relevancia das actividades, sentan responsables polo traballo que están a realizar, reciban mensaxes positivas e de apoio que reforcen o seu auto-concepto e a confianza no seu traballo e que lles permita desenvolver un sentimento de pertenza a un grupo ou comunidade de aprendizaxe.
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA MANTER O ESFORZO E A PERSISTENCIA:
- Terase en conta que os alumnado necesita opcións para axustar ou buscar un equilibrio entre o reto que se expón e o apoio que se require, co fin de asegurar que a aprendizaxe ten lugar. Se unha tarefa é moi difícil os estudantes frustraranse e se é demasiado fácil aburriranse. Por iso é importante buscar o equilibrio entre o reto e o apoio, facilitando alternativas a través da colaboración entre o alumnado.
- Empregaranse estratexias de traballo en equipo, colaboración, titoría por pares e un clima de confianza para aprender, no que o erro e a reflexión poida formar parte da aprendizaxe.
- Proporcionarase feedback formativo, entendido non como unha información que se proporciona ao final dunha tarefa, senón como parte do proceso de ensino, para que o estudante teña información que lle permita facer modificacións ou regular o esforzo.
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA A AUTORREGULACIÓN:
- Traballarase de forma explícita a reflexión, o autocoñecemento, a educación das emocións e estratexias para a xestión de conflitos, de modo que se fagan visibles estes procesos e faciliten a súa aprendizaxe, proporcionando información, estratexias prácticas e situacións nas que poñelas en práctica e que sirvan de ensaio ou modelado.
PROPORCIONAR MÚLTIPLES FORMAS DE PRESENTACIÓN
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA A LINGUAXE, AS EXPRESIÓNS MATEMÁTICAS E OS SÍMBOLOS:
- Ofreceranse diferentes formas de presentar os compoñentes lingüísticos e non lingüísticos –palabras, significados, conceptos, sintaxes...–, de cada un das linguaxes ou sistemas de representación que se utilizan nas diferentes materias, para que se poida acceder a esta información por algunha delas ou pola combinación de varias.
- Ensinaranse estes contidos de forma explícita e faranse visibles os seus compoñentes, regras e conexións: clarificarando o vocabulario e os símbolos, ensinando de forma explícita palabras chave, conectores, estruturas, palabras de transición, significado figurado de refráns, e utilizando representacións alternativas, como poden ser glosarios multimedia, gráficos, lendas, organizadores gráficos...
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA A COMPRENSIÓN:
- Empregaranse estratexias que modelen o procesamento da información e o acceso á construción efectiva do coñecemento como son: a activación dos coñecementos previos para lograr unha aprendizaxe significativa, as achegas desde as estadas cognitivas ou a representación do coñecemento a través de mapas conceptuais.
- Incorporaranse actividades que requiran que o alumnado active de forma explícita os coñecementos previos e identifiquen patróns, ideas principais e relacións entre os conceptos.
- Incorporaranse actividades dirixidas expresamente a guiar o procesamento da información a través de estratexias que fagan visibles procedementos mediante accións de modelado e apoiando o ensino con recursos como os organizadores gráficos.
PROPORCIONAR MÚLTIPLES FORMAS DE ACCIÓN E EXPRESIÓN
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA A ACCIÓNS:
- Potenciarase a riqueza e variedade de propostas de traballo e as opcións para realizalas.
- Farase unha selección de recursos que se utilizan con este fin e, de forma específica, as tecnoloxías de apoio, que favorecen a accesibilidade á información e os procesos de aprendizaxe do alumnado.
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA A EXPRESIÓN E A COMUNICACIÓN:
- Adecuaranse os medios ás capacidades e necesidades do alumnado e ao tipo de aprendizaxe ou tarefa que haxa que realizar.
- Brindaranse alternativas na forma de desenvolver as tarefas, nos recursos que se empregan como facilitadores ao alumnado, e ofeceranse varias formas de estadas, como poden ser a secuenciación ou a utilización de apoios graduados que se irán retirando a medida que se avanza ou consolida a aprendizaxe.
PROPORCIONAR OPCIÓNS PARA AS FUNCIÓNS EXECUTIVAS:
- Facilitaranse apoios no desenvolvemento de actividades de baixo nivel, por exemplo, o uso de listas de control, de forma que teñan anotadas as tarefas que hai que realizar e liberen a memoria de traballo para poderse concentrar en desempeñar as tarefas en lugar de en lembralas.
- Traballaranse de forma explícita estas habilidades e estratexias, proporcionando exemplos nos que recoñecer os procedementos; utilizando materiais para orientar a práctica con guías ou persoais para planificar; ensinando estratexias e facendo visibles os procesos para levalas a cabo mediante o uso de recursos como organizadores gráficos ou chamadas a «parar e pensar»; e creando situacións para poñelas en práctica de forma guiada mentres o alumnado gaña autonomía.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0