Actividades

DÍA DE ROSALÍA 2019

O día 24 de febreiro celebrouse o 182º aniversario de Rosalía de Castro.

No noso centro celebrámolo o venres 22 onde tivemos un día fermoso con moitas actividades. Por unha banda, durante a semana decoramos os corredores con unha Rosalía ao máis estilo Andy Warhol seguindo a liña do PDI da Biblioteca "Lili-arte" e co proxecto "EscolARTE". O alumnado de 6º e 4º de Educación Primaria pintaron a porta da entrada.... pásade a vela porque vale a pena!

Por outra banda, seguimos como cada ano o manifesto proposto por EDLG que este ano leva por lema "Cantar hei" e o hastag #LibreOMeuPensamento. O alumnado de todo o centro elaborou as súas coroas en relación ao mesmo e deseñaron unha pancarta relacionada con liberARTE. Ata nos acompañaron os nenos e nenas de ASPANAES.

Preme na imaxe para acceder á nosa galería de fotos

 

DÍA DA PAZ 2019

Este ano, as distintas actividades programadas estiveron relacionadas co PDI da Biblioteca “Lili-arte” e xiraron en torno á figura do pintor Pablo Picasso. O lema elixido para este ano foi “Se no teu mundo non hai paz, píntaa!”. Con esta conmemoración quixemos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como a solidariedade, a igualdade e a tolerancia. Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.

 

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS 1º TRIMESTRE 2018/2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS SAMAGOSTEEN
DÍA DO PEÓN DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NADAL

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Como todos os anos puxemos a camiñar as mochilas viaxeiras dos diferentes curso, este ano con novidades como os e-book para Primaria e as tablets en Educación Infantil. Ademais aproveitouse para agasallar cos carnets de biblioteca ao novo alumnado e profesorado amenizando a xornada con diferentes actividades lúdicas. 

                         

Carreira A Fraga

O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. Foi unha xornada deportiva e lúdica, na que todos demostraron as súas habilidades e gozaron ao aire libre. As AMPAS colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. GRAZAS A TODOS/AS!

 

Enlaces para traballar a homenaxeada Mª Victoria Moreno

00/00/
Array

Se pinchas aquí atoparás unha morea de actividades para traballar!

E se queres coñecer máis sobre Mª Victoria Moreno fai click aquí.

Ademais é moi interesante o seguinte enlace para mestras, mestres e familias.

 

UNHA ENTREVISTA DE PRIMEIRA

00/00/
Array

Evaristo Puentes Leira e Ignacio Iglesias ( arbitros de primira división) visitaron o noso centro. O alumnado de 5º e 6º acudiron á biblioteca onde ademais de amosarnos unha presentación moi interesante tamén responderon moi amablemente as nosas preguntas. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos e o moito que aprendemos. 

 

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

00/00/
Array

 

O 21 de febreiro foi o Día Internacional da Lingua Materna. No centro celebrámolo o día 23 cantando e bailando todos xuntos a canción "Meu o mundo é!" de Paco Nogueira. Aquí vos deixamos unha mostra do moito que disfrutamos.

 

DÍA DE ROSALÍA

A AELG presentounos a súa proposta para conmemorar o Día de Rosalía. Todos os alumnos do centro participaron nun "photocall" coa caracterización de Rosalía, contribuíndo así á difusión da obra desta galega universal.

 

SAMAGOSTEEN 2016

Celebramos de forma conxunta as festas tradicionais do outono, agrupándoas baixo o epígrafe xeral de Samagosteen. Este equipo colaborou na programación de actividades e no aporte de material e documentación para o coñecemento e profundización destas festas populares.

Incluíronse nesta celebración lecturas propias da época, ademais dunha xornada de xogos populares.

 

 

Distribuir contido