DÍA DE ROSALÍA 2019

O día 24 de febreiro celebrouse o 182º aniversario de Rosalía de Castro.

No noso centro celebrámolo o venres 22 onde tivemos un día fermoso con moitas actividades. Por unha banda, durante a semana decoramos os corredores con unha Rosalía ao máis estilo Andy Warhol seguindo a liña do PDI da Biblioteca "Lili-arte" e co proxecto "EscolARTE". O alumnado de 6º e 4º de Educación Primaria pintaron a porta da entrada.... pásade a vela porque vale a pena!

Por outra banda, seguimos como cada ano o manifesto proposto por EDLG que este ano leva por lema "Cantar hei" e o hastag #LibreOMeuPensamento. O alumnado de todo o centro elaborou as súas coroas en relación ao mesmo e deseñaron unha pancarta relacionada con liberARTE. Ata nos acompañaron os nenos e nenas de ASPANAES.

Preme na imaxe para acceder á nosa galería de fotos