Actividades

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2016-2017

O EDNL do noso colexio para o presente curso está formado por:

Montserrat Alén Álvarez, representante de E. Infantil

María Sara Ferreiro Franco, representante de 2º curso

Ana María García Fernández, representante de 3º curso

Belén Méndez Rodríguez, representante de 6º curso

Mª Nieves Cabaleiro Pellón, mestra de PT e coordinadora do Equipo

Mª Teba López-Leitón Zapico, mestra de Lingua Estranxeira (Inglés)

 

Para ver as actividades realizadas en cursos anteriores, deberase ir ao apartado de Celebracións e conmemoracións.

SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME

O martes, 14 de xuño, todos os alumnos de primaria, acompañados polos seus mestres, achegáronse ata o concello da Capela.


As actividades comezaron cunha visita guiada ao Museo Etnográfico, para posteriormente baixar ao mosteiro de Caaveiro adentrándose nas fragas pola ruta do Pazo.


Despois de repoñer forzas, o regreso acometeuse pola ruta da Ventureira, podendo desfrutar dos magníficos exemplares de especies arbóreas que alí hai.


Algunhas imaxes desta saída están aquí.


TIPOLOXÍA DE LETRAS GALEGAS

Desde fai anos, a Real Academia Galega recomendou que, en determinados traballos escritos, se empregara un tipo especial de letra á cal denominou Gallaecia.

Para poder usala, podes vela e descargala neste enlace.

AS FRAGAS

Traballo elaborado polo EDLG sobre AS FRAGAS, para consulta do alumnado e do profesorado. Para velo, preme aquí.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Impulsado pola UNESCO, cada 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna.

Con diversos actos inténtase poñer en valor estas linguas, especialmente as minoritarias.

Para ter máis información, podes consultar este enlace.

 http://www.xunta.es/linguagalega/dia_internacional_da_lingua_materna_2011

 

Distribuir contido