SAMAGOSTEEN 2016

Celebramos de forma conxunta as festas tradicionais do outono, agrupándoas baixo o epígrafe xeral de Samagosteen. Este equipo colaborou na programación de actividades e no aporte de material e documentación para o coñecemento e profundización destas festas populares.

Incluíronse nesta celebración lecturas propias da época, ademais dunha xornada de xogos populares.