DÍA DA PAZ 2019

Este ano, as distintas actividades programadas estiveron relacionadas co PDI da Biblioteca “Lili-arte” e xiraron en torno á figura do pintor Pablo Picasso. O lema elixido para este ano foi “Se no teu mundo non hai paz, píntaa!”. Con esta conmemoración quixemos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como a solidariedade, a igualdade e a tolerancia. Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.