Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

Esta semana celebramos unha data moi importante para a nosa cultura, "O día das Letras Galegas". Concertos, foliada, baile... Preme na imaxe para ver o que aconteceu.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para participación no fondo solidario e axudas para a adquisción de libros de texto e material escolar para curso 2024/25:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio de 2024 ata o 21 de xuño  de 2024, ambos incluídos.
  • Forma de prestación de solicitudes: preferentemente de xeito telemático empregando a aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou nos rexistros oficias.
  • Impresos de solicutude para a presentación presencial: descárgaos o anexo I e o anexo II premendo AQUÍ.

Podes ampliar esta información na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ADMISIÓN: PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2024/25

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído para o curso 2024/25.

A listaxe está dispoñible no Taboleiro de anuncios, á carón da conserxería e no enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (con Chave 365 ou Certificado dixital).

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A consulta das listaxes soamente poderá realizarse de xeito presencial no centro. Seguindo a normativa vixente non se proporcionará información telefónica sobre a listaxe e queda prohibida a toma de fotografías e/ou a difusión das listaxes por calquera medio non autorizado.

As familias deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño no centro.

ADMSIÓN: RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA O CURSO 2024-25

Publicado no taboleiro de anuncios do centro a relación provisional de alumnado admitido e excluído solicitante de praza no centro para o curso 2024-25.

O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles a contar desde mañá, do 26 ao 3 de maio, ambos incluídos. As reclamacións serán dirixidas ao Consello Escolar.

 

A consulta das listaxes soamente poderá realizarse de xeito presencial no centro. Seguindo a normativa vixente non se proporcionará información telefónica sobre a listaxe e queda prohibida a toma de fotografías e/ou a difusión das listaxes por calquera medio non autorizado.

Horario de consulta:

  • Luns de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas.
  • De martes a venres de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

A persoa solicitante ou, de ser o caso, a súa representante, a outra persoa proxenitora, titora ou acolledora do alumnado, ou o propio alumno maior de idade ou menor emancipado, sempre que teñan solicitude de admisión presentada en prazo, poderán consultar, de 09:00 a 14:00, horas na secretaría do centro as listaxes coas puntuacións provisionais e definitivas desagregadas dos distintos criterios de admisión do alumnado do mesmo curso e centro, logo de acreditación da súa identidade e logo de asinar un compromiso de uso e confidencialidade.

BOLSA E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Aberto a prazo para solitar axudas paro o alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Do 30 de abril de 2024 ao 13 de setembro de 2024.

Podedes consultar esta información ampliada premendo la imaxe de enriba.

 

BOLSAS COMEDOR CURSO 2024-25

 

Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • Na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor%20para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

  • Na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

  • No teléfono 010 de información cidadán.

Para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h
  • 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h
  • 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h
  • 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

IMPORTANTE. ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

O número de solicitudes de matrícula para 4º de Educación Infantil foi superior á oferta (40 prazas).Desde o centro contactaremos coas persoas que deban aportar documentación xustificativa para a baremación.

 

GAÑADORAS E GAÑADORES DO "RETO FAIME RIR, 2024"

Un ano máis o "Reto faime rir" intercentros foi todo un éxito. Dende logo risas non faltaron grazas aos nenos e nenas.

Aí temos aos gañadores e gañadoras:

 Infantil: Iria Grela de 6º de Infatil "B"

1º ciclo de Primaria: Iván Grela de 2ºA

2º ciclo de Primaria: Enma Espido de 4ºA

3º ciclo de Primaria: Pablo Rodríguez de 5ºB

Podedes ver novamente os seus chistes e os dos nenos e nenas fillista premendo na AQUI

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Reto faime rir 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut