Skip to Content

PROPOSTA FIN DE CURSO

 

Ola familias!

 

Como estades?

Como xa está preto o final de curso, dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e coa axuda da nosa Intérprete de Lingua de Signos, queremos solicitarvos axuda para realizar unha actividade conxunta de toda a comunidade educativa.

Explícovos un pouquiño… Como este ano o tema central do cole foi “DESPLASTIFICARTE”, no que a proposta era intentar reducir resíduos e plásticos, así como o consumo dos mesmos e uníndoo ao mural do día da paz no que simbolizamos unha recollida no mar de palabras negativas en forma de resíduos nunha rede… pois queríamos rematar o curso interpretando en lingua de signos a canción “O VELEIRO VERDE” de Maria Fumaça.

 

 Se queredes participar enviádeme un correo a lidiaoterom@gmail.com. Tedes de prazo ata o martes 2 de xuño para apuntarvos.

O seguinte paso será enviarvos o anaco de vídeo que tedes que signar, o cal teríades que grabar en familia e enviarmo a min de volta para montar, pero primeiro precisamos saber cantos imos a participar.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

LIDIA

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

No cole, cando pensabamos en celebrar o Día das Letras Galegas, imaxinabamos unha festa no patio do pavillón, nun solleiro día de maio, todos xuntos, con música...

 

Os nosos plans tiveron que cambiar. O mesmo que os vosos. Tivemos que adaptarnos a esta nova situación. Igual que fixéstedes vós.

 

Pero hai unha parte que nos parece fundamental manter: queremos estar XUNTOS. Ímos saír desto todos XUNTOS. XUNTOS é o mellor xeito.

 

Así que, para estar un pouquiño máis preto de vós, as mestras e mestres do cole, quixemos contarvos unha historia de Ricardo Carvalho Calero: "As pitas baixo a choiva". Que obra, se non, íamos escoller no noso cole que non foran as pitas? As nosas pitas!! Seguro que se preguntan moitos días onde ímos todos...

Queremos, deste xeito, estar un anaquiño con vós

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=ankiaA--p1M

 

Ademais, incluímos dous arquivos adxuntos:

- O primeiro, a historia para que a podades ler nas vosas cosas e vos animedes a contala.

- O segundo, unha colaboración co EDLG do CEE Nosa Señora do Rosario. Unha adaptación do texto aos criterios da Lectura Fácil e a pictogramas.

 

 

Por último, neste enlace, podedes ver a o conto en Lingua de Signos.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2yPn9ndDakU&t=25s

 

 

Esperamos que pasedes un bo día das nosas letras!

 

Desexamos, de corazón, poder celebrar esa festa xuntos no mes de Outubro!

 

Moito ánimo e unha forte aperta!

Grazas Familias

 

Neste día adicado ás familias, queremos expresar a nosa gratitude e dedicarvos unha pequena homenaxe.

Unha homenaxe polo esforzo que estades a facer para superar as dificultades do día a día; sabemos que moitos tedes que facer de mestres, psicólogos, cociñeiros, artistas, médicos, enfermeiros, informáticos, perruqueiros, cantantes, pais, amigos … . Ademais, dun sen fin doutras profesións que ides aprendendo sobre a marcha para poder axudar aos vosos fillos.

Por iso, a familia que formamos os mestres do colexio queremos aproveitar este día para darvos as grazas polo voso acompañamento e apoio.

   

 

 

            

SEMANA DA MULLER: RAQUEL ROSA

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a RAQUEL ROSA, xornalista da RTVG.

Estivo compartindo a súa experiencia vital como nena, ximnasta, xornalista e muller.

Deixou moitas inquedanzas e ideas para a reflexión das nosas nenas e nenos de 3º e 4º de primaria e unha idea: "SOMOS DIFERENTES PERO TEMOS O MESMO VALOR"

Moitas grazas Raquel por compartir o teu tempo con nós.

ENTROIDO CHOQUEIRO

 

 

SEMANA DA MULLER: BÁRBARA FLORES E EUGENIA GIL

Segunda xornada para conmemorar o día da muller.

Hoxe recibimos unha dobre visita, as dúas mulleres que viñeron ao colexio teñen relación do Deporte. elas son Bárbara Flores e Eugenia Gil. Estiveron co alumnado de 5º e 6º de Primaria. O alumnado poido falar con elas e preguntarlle curiosidades.

BÁRBARA FLORES é xogadora do R.C. Deportivo Genuine. Barbara, con 17 anos xa é quen de xogar no Deportivo. A defensa do Depor, que é xorda, deixou unha mensaxe moi fonda no alumnado, deixando claro que para practicaar deporte ou calquera faceta da vida non existen límites.

EUGENIA GIL, árbitra da 1ª División Femenina de España e atleta de nivel compaxina a vida deportiva co estudo do seu segundo grao universitario. Eugenia deixounos abraidos coas imaxes e anéctotas na arbitraxe, tanto aquí en España, como na súa estancia nos Estados Unidos mentras disfrutaba dunha beca polo seu gran nivel no atletismo. Esperemos que o alumnado tome boa nota da mensaxe que deixa nesta visita Eugenia: con unha boa organización e facendo o que unha é feliz pódese compaxinar todo que te propoñas, sendo importante a compaxinación dos Estudos e do Deporte.

Unha sorte ter unhas mulleres tan inspiradoras esta mañá no CEIP San Pedro de Visma. Moitas Gracias!

SEMANA DA MULLER: AS PALILLEIRAS DE CAMARIÑAS

Comenzamos a conmemorar o día da muller do vindeiro domingo, organizando unha SEMANA DA MULLER.

Hoxe recibimos a visita da Escola de Encaixe de Camariñas para falarnos do seu traballo e da próxima Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebra en Semana Santa.

As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria quedaron impresionados co seu traballo. As palilleiras contaronlle unha historia dunha ratiña do encaixe, coñeceron a CARAMIÑA, mascota oficial da Mostra do Encaixe, viron os saúdos que lles enviaron as nenas e nenos da esola de palillo de Camariñas, viviron en primeira persona como se palilla e por último disfrutaron dunha demostración da profesora de palillo onde o son e a rapidez ca que movía os bolillos deixaronos a todos abraiados.

 

O IMPACTO DOS PLÁSTICOS NO MAR

Hoxe foi un día especial no colexio San Pedro de Visma. Esta mañá ao estilo dunha Performance, comezouse a encher un GOLFIÑO con restos de plásticos recollidos polo alumnado do centro. Curso por curso pasou a depoistar o plástico que almacenaban nas súas clases. Este plástico vén dos restos das merendas, do recollido no patio do centro ou da contorna do centro escolar.

Con esta acción pretendemos que o alumnado e a sociedade en xeral sexa consciente do uso abusivo que facemos do plástico de un só uso. Ao mesmo tempo o alumnado puido ver os efectos dos plásticos no mar, afectando así aos seres vivos que se encontran nel. E como este mundo chamado natureza é un circulo, estes plásticos volven a nós en forma de menú diario nas nosas comidas, comendo peixe e facendo que esteamos comendo micro plásticos case a diario.  Que o noso Golfiño, situado na entreda do colexio o recorde todos os días. NON AO PLÁSTICO DUN SÓ USO!

Unha boa xornada a de hoxe, na que seguimos na formación e concienciación do coidado do medio ambiente.

MANDADIÑOS 2020

DÍA DA PAZ

Distribuir contido


by Dr. Radut