Skip to Content

7 DE DECEMBRO, DÍA NON LECTIVO

Tal e como se recolle na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o xoves 7 de decembro é día non lectivo, polo que non haberá clase.

CELEBRAMOS O 25-N

O alumnado de Visma sumouse ao 25-N para reivindicar esta data tan sinalada facendo unha andaina polo centro e cubrindo de verbas de esperanza para as mulleres que están a sufrir esta violencia.

Ogallá, entre todas e todos consigamos que o 25-N deixe de ser necesario.

 

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun obradoiro de ecopercusión. A música atópase en todos os lugares e obxecto, incluso nos que menos o esperas.

Preme na imaxe para ver que aconteceu.

 

 

III CERTAME COREOGRAFÍATE - ASOCIACIÓN SOCIOPEDAGÓXICA GALEGA

O noso centro participa no III Certame Coreografíate, organizada pola Asociación Sociopedagóxica Galega, este ano foi o turno do alumnado de 4º e 5º de Primaria. A música escollida foron dúas cancións do grupo Mamá Cabra:

  • Parampampero de 4º de EP 
 
  • No baile 5º EP 
 

Agardamos que vos guste.

 

Grazas a todos e todas!

CELEBRAMOS O SAMÍN

Foi unha semana de medo e terror en San Pedro de Visma.

Contos de terror, vampiros e pantasmas bailando...

Mira o seguinte video para pasalo terrorificamente ben!!!

  

ARRINCAMOS CON PDI

No San Pedro de Visma celebramos o Día das bibliotecas presentándolle ao alumnado o PDI deste curso, "Os estilos artísticos".

Aí tendes o video que puxemos hoxe na biblioteca para todo o alumnado.

 

DOAZÓN AO GRUPO HÁBITAT

O alumnado de 6ºB de Primaria fíxolle entrega no día de onte ao grupo naturalista Hábítat a doazón dunha parte do recaudado en maio no Proxecto Semente.

AVISO: DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias,

O vindeiro venres 13 de outubro foi aprobado como día non lectivo do centro segundo o establecido na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, polo que non haberá clase.

O CORO DE SPV

O coro de SPV está de volta!!

Queres participar? Acado os luns na hora do recreo á aula de música.

Se a música é a túa paixón, non podes perder esta oportinidade.

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut