Skip to Content

Premios Stop Accidentes

O pasado 20 de decembro tivo lugar na Casa do Concello de A Coruña a entrega de premios da asociación Stop Accidentes.

Milleiros de nenos e nenas dos colexio de A Coruña participaron no concurso a través das súas cartas e debuxo. De entre todos, o debuxo de Alba de 6ºB e a carta de Sabela de 6ºA  forons escollidos pola asociación STOP Accidentes para formar parte do seu calendario de 2023. Ademais, Ángel de 6º B e Hoaila de 6º A conseguiron chegar ata a final.

MOITOS PARABÉNS!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Premios Stop Accientes

25-N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de Visma sumouse ao 25-N para reivindicar esta data tan sinalada.

Ogallá, entre todas e todos consigamos que o 25-N deixe de ser necesario.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> 25N

Conmemoración do Día da Discapacidade

Hoxe no cole celebramos o Día da discapacidade, que se conmemora mañá, 3 de decembro. 
 
Tivemos dúas visitas: por un lado "Cofi y su mundo" (para Infantil e algúns cursos de Primaria), coa maravillosa Yoli e a súa inseparable Cofi , quen nos achegaron á Lingua de signos (LSE) e , por outro lado, a Felipe e Marisé, da ONCE, quen nos amosaron outra forma de "ver" o mundo.
 
 
 
 
Moitas grazas por compartir as vosas experiencias con nós e ensinarnos que hai moitas maneiras de disfrutar da vida.
 
Ata pronto!
 

VOTA POLA MELLORA DO NOSO PAVILLÓN

Gracias ao apoio de todos e todas conseguimos pasar á segunda e derradeira fase dos Orzamentos participativos do Concello de A Coruña.

Temos que facer un último esforzo para conseguir o pabillón polideportivo que se merecen os nenos e nenas de Visma, o barrio e os clubes deportivos que empregan a instalación. 

Podes consultar o estado actual do pabillón: fotos e vídeo.

VOTA polo noso pabillón premendo AQUÍ e comparte!!! 

Entre todos e todas o podemos lograr!!!

Derradeiro día para votar, 30 de novembro.

 

XOGOS DE MESA EN GALEGO

Unha boa receita para aprender: galego, xogos, desfrutar e biblioteca.

Este venres os nenos e nenas tiveron a oportunidade de aprender mentres xogaban na biblioteca a xogos de mesa en galego. 

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Xogos de mesa en galego

CONVOCATORIA DE VOTACIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Circular informativa sobre a convocatoria para a elección dos representantes de pais/nais/titores legais do alumnado ao Consello Escolar.

PREME AQUÍ

EXHIBICIÓN DE TROMPOS

O pasado xoves día 10 tivemos a gran sorte de contar no noso cole coa visita de Omar, campión do mundo e de México de trompos.

Os nenos e nenas de todos o curso foron pasando a ver os impresionantes xogos e trucos de Omar co trompo. A verdade é que tanto os nenos e  nenas como os profes quedamos coa boca aberta.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Exhibición de trompos

Modelo de candidatura - Eleccións Consello Escolar

Documento para cubrir se queredes presentar a vosa candidatura ás eleccións ao Consello Escolar. PREME AQUÍ

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Convocatoria Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar. (03/11/2022). Premer aquí

SAMAÍN

Esta foi unha semana "terrorífica" no San Pedro de Visma.

A biblioteca converteuse nun lugar de medo e misterio. Os nenos e nenas foron pasando por ela para gozar dos contos de medo e misterio que alí lles contaron.

Para rematar a semana, o venres, o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria veu disfrazado dos xeitos máis aterradores.

Foi unha semana de medo, misterio e moitos sustos, pero... que ben o pasamos!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Samaín
Distribuir contido


by Dr. Radut