Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Convocatoria Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar. (03/11/2022). Premer aquí

SAMAÍN

Esta foi unha semana "terrorífica" no San Pedro de Visma.

A biblioteca converteuse nun lugar de medo e misterio. Os nenos e nenas foron pasando por ela para gozar dos contos de medo e misterio que alí lles contaron.

Para rematar a semana, o venres, o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria veu disfrazado dos xeitos máis aterradores.

Foi unha semana de medo, misterio e moitos sustos, pero... que ben o pasamos!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Samaín

MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosoto.

Os nenos e nenas encheron ben o bandullo con saborosas castañas asadas.

Bo proveito!!!!

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Magosto

COMEZAMOS A DESCUBRIR A NOSA CIDADE, A CORUÑA

Comezamos un curso e con el unha nova aventura.

Este curso imos descubrir o que temos máis preto, a nosa cidade, A Coruña.

Onte, día 24 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas os nenos e nenas do colexio foron á biblioteca para ver a estrea do vídeo de presentación do proxecto.

Saíron encantados e con moitas ganas de coñecer a cidade da man de Teca.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por: a directora, un/ha profesor/a, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores 26 de outubro, ás 11:30 horas en dirección. Acceso á circular informativa do sorteo: Premer AQUÍ

 

RETIRADA DE ESPECIES INVASORAS

Todos sabedes que un dos sinais de identidade do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma é o seu compromiso co medio ambiente.

O pasado 13 de outubro o alumnado de 5º de Primaria colaborou co Grupo Naturalista Hábitat na retirada de especies vexetais invasoras na Torre de Hércules. 

Entre todos e todas podemos sumar para facer da nosa cidade un espazo mellor.

Rapaces, rapazas, moi bo traballo!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Retirada de especies invasoras

VOTA POLO NOSO PAVILLÓN

 

Necesitamos o voso voto nos Orzamentos Parcipativos do Concello de A Coruña para, entre todos, conseguir que nos melloren a nosa pista cuberta/pavillón deportivo (nº3803).

Nun primeiro momento rexeitaron a nosa proposta pero despois de reclamar, conseguimos que nola incluiran eso si, temos 48 horas para votar; dende hoxe ata mañá

Para votar simplemente tes que entrar na ligazón que poñemos a continuación, identificarte e darlle a APOIAR (poden votar todas as persoas que consideredes, maiores de 18 anos).

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/3803

Entre todos e todas podemos conseguir esta gran mellora para o colexio e o barrio!!!

Non dubides en compartir cos teus contactos esta información pare que nos poidan apoiar.

 

COMEZAMOS A PLANTAR

O noso invernadoiro xa está preparado para recibir as primeiras sementes deste curso.

Gracias ao traballo do alumnado voluntario por deixar o noso invernadoiro e os bancais a punto. Bo traballo!!!

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Comezamos a plantar

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Arrincamos este curso en bicicleta.

Os nenos e nenas de 6º de Primaria de Visma celebraron a Semana europea de mobilidade da man da asociación Stop Accidentes.

Os rapaces e rapazas puxeron en práctica o aprendido sobre seguridade viaria en todos estes anos e fixeron un percorrido en bicicleta polo paseo marítimo da cidade  acompañados pola policía local.

En Visma o temos claro, hai outra maneira de moverse mellor para nós e para o planeta, a bicicleta!!!

Moitas gracias a Stop Accidentes, á Policía Local, a Protección Civil e ao Concello da Coruña, por contar con nós para este día.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Semana da mobilidade europea

OS LUNS, FROITA

Arrinca o curso e os luns de froita están de volta en Visma. 

O fomento da alimentación saudable é un dos principais obxectivos do noso centro.

Grazas á Axuda en Acción e a Fundación Repsol, todos os luns chega ao colexio froita para que o alumnado poida consumir ao longo da semana nos recreo.

Bo proveito!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Os luns, froita
Distribuir contido


by Dr. Radut