Skip to Content

PROXECTO SEMENTE 2023

 

O Proxecto Semente 2022/23 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 5ºA e 5ºB levan meses traballando na súas cooperativas, EcoCoruña e Arte Natural, facendo todo tipo de produtos artesáns.

Este venres 19 de maio desde as 16:30 ata as 20:30 horas  estes grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros colexios do concello, na Praza de María Pita  para vender os seus produtos artesáns nos que levan meses traballando.

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidarvos a todos e todas a achegarvos polos postos da súas cooperativas.

 

Contamos con vós!

ANDAINAS DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Os alumnos e alumnas de Visma puxeron a proba a súa resistencia e saíron a camiñar polos espazos verdes da contorna e os parques para celebara o Día da Eduación Física na rúa.

O alumnado de primaria fixo unha andaina polo barrio de Visma e o parque Adolfo Suárez, mentres que os pequenos e pequenas de infantil camiñaron polo parque dos Mariñeiros e polo percorrido do colexio.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Andainas Día da EF

DÍA DO LIBRO 2023

O día 24 de abril celebramos o Día do libro facendo un apadriñamento lector. Os rapaces e as rapazas maiores prepararon un conto na súa casa que logo lle leron aos seus pequenos afillados e afilladas.

Aí vai unha mostra do que acontaceu.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Día do libro

VÍDEO VISMA ACTIVO

Aí vai o vídeo "Visma Activo".

Moitas gracías a todos e todas!!!!

2 DE MAIO, DÍA NON LECTIVO

Desde o centro lembramos a toda a comunidade educativa que o martes 2 de maio foi concedido pola Xefatura Territorial como día non lectivo, polo que non haberá clase.

INAUGURACIÓN DAS RÚAS DO NOSO COLE

Unha vez que os e as  respresestantes de cada clase escolleron os nomes das mulleres coruñesas que darán nome aos nosos corredores tocaba inauguralas.

A data escollida foi o 28 de marzo despois do recreo. Todos os nenos e nenas puxéronse moi elegantes para a inauguración.

Mira as fotos para ve o que aconteceu.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Inauguración rúas mulleres coruñesas

ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

 

Xa están dispoñibles no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido en non admiitido para o curso 2023/24.

alumnado admitido deberá realizar a matrícula para o vindeiro curso.

Que prazo?

Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Onde presentar a documentación?

Na secretaría do centro.

VISMA ACTIVO E SAUDABLE

Estas vacacións de Semana Santa, móvete!

Aproveita o tempo libre para facer deporte, sendeirismo, bilar... e, se pode ser, en compaña de amigos e amigas, familia...

Entre todos e todas imos demostrar que no San Pedro de Visma somos xente activa e comprometidos coa saúde e o queremos amosar. Se fas unha ruta de sendeirismo, das un paseo pola cidade, xogas un  partido, vas bailar... podes sacar unha foto e enviala ao correo do colexio, ceip.sanpedro.visma@edu.xunta.gal indicando no asunto "Visma activo". Con todas as fotografías recibidas faremos unha montaxe/vídeo que logo publicaremos.

Anímate a participar!

 

 

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DO 2º TRIMESTRE EN ABALAR

A publicación das cualificacións da 2ª avaliación a través de Abalar realizarase o 31 de marzo nos seguintes horarios*:

  • 14:00 horas: E. Infantil, 1º e 2º de EP.
  • 15:00 horas: 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

*A publicación en horarios diferentes é debida a motivos informáticos.

MATRÍCULA PARA O CURSO 23/24

Distribuir contido


by Dr. Radut