Skip to Content

Visita ANPANXOGA

Continuando coa celebración do Día Nacional  das Linguas de Signos Españolas, onte visitounos a presidenta de Anpanxoga.

Durante a visita realizamos diversas actividades como  contacontos signados e talleres de sensibilización da Lingua de Signos Española nos que, con Isolina, aprendemos unha morea de vocabulario en L.S.E. e curiosidades sobre a Comunidade Xorda.


Moitas grazas por este taller tan especial. Desexamos repetir esta inolvidable experiencia o curso que vén! Voltade ao noso cole con Ishi porque todos/as queremos pintarnos as mans de moitas cores.

 

Día Nacional das Linguas de Signos - 14 de xuño

O pasado 14 de xuño celebramos o Día Nacional das Linguas de Signos.


Aquí dende San Pedro de Visma, querémolo celebrar coa presentación do noso novo programa en Lingua de Signos, Sígnocho EU!( unha versión do xa mundialmente coñecido Dígocho EU!). Ao longo destas xornadas teremos diversas actividades relacionadas con esta marabillosa Lingua que emprega unha parte importante da Nosa Comunidade Educativa.


Esperamos que vos guste e que nos sigades o curso que vén en novas edicións.
Un GRACIAS a todo o alumnado que fixo e fai posible este proxecto, sen eles, sen á súa paciencia ,entusiasmo e gran esforzo non sería o  mesmo.

Rapazada! Tedes  un sentir cheiño de amor que explota e rebota, que nos belisca a alma empuxándonos  con máis ganas a seguir traballando e latexando con paixón por e para todos vós.


Vémonos polos pasillos! Sígnocho EU!
Equipo de ILSE do CEIP Pl. San Pedro de Visma.

 

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER O RESULTADO.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Faise pública a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico 2023-24. Preme na ligazón para acceder á información.

LIBROS 1º DE EP

LIBROS 2º DE EP

LIBROS 3º DE EP

LIBROS 4º DE EP

Lembramos que o alumnado de Infantil e o de  5º e 6º de Primaria, por estar dentro do programa E-dixgal da Consellería de Educación, NON emprega libros de texto.

ESTREAMOS XOGOS

Temos xogos novos no colexio!!

Os patios de primaria e infantil enchéronse de cores para que os nenos e nenas xoguen e se divirtan.

Moitas gracias ao ANPA pola súa colaboración!!

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Xogos termoplásticos

MERCADO SEMENTE 2023

Foron longos meses de traballo nas coperativas Eco Coruña e Arte Natural pero todo esforzo ten o seu resultado.

O pasado venres 19 de maio pola tarde foi un día de festa e traballo para os nenos e nenas de 5º de Primaria. Desde a 16:30 ata as 20:30 estiveron vendendo os seus produtos, aceites perfumados, aromáticas, pendentes, xabóns, chapas...

Parabéns a estas rapazas e rapazes e tamén os seus titores, Xulio e Rocío!!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Proxecto Semente 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Que gran festa para celebar o Día das Letras galegas.

Comezamos cun concerto didáctico para todo o colexio. Ademais de gozar coa música aprendemos sobre os instrumentos. Logo todos xuntos fixemos unha romaría no campo de herba amenizada por unha foliada. Para rematar invitamos ás familias ao centro para que desfrutasen dos bailes que con tanto esforzo e cariño levan os nenos e nena do colexio moitas semana ensaiando.

Foi un gran día de festa para todos e todas!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Día das Letras galegas

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 

Aberto o prazo para participación no fondo solidario e axudas para a adquisción de libros de texto e material escolar para curso 2023/24:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.
  • Forma de prestación de solicitudes: preferentemente de xeito telemático empregando a aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou nos rexistros oficias.
  • Impresos de solicutude para a presentación presencial: descárgaos o anexo I e o anexo II premendo AQUÍ.

Podes ampliar esta información na seguinte ligazón  https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023/24

 

Publicado no tabolerio de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos para o curso 2023/24.

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional acaba de convocar as axudas para o curso 2023/24 para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Cal é o prazo de presentación de solicitudes?

Do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023

Onde se pode presentar a solicitude?

As solicitudes deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es  ou a través das sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (https://sede.educacion.gob.es).

As persoas solicitantes que non dispoñan de firma dixital poden  imprimir e presentar a solicitude, xunto co resto de documentación, na secretaría do centro no que o alumno/a vaia realizar os seus estudos no curso 2022/23.

Podes ampliar a información na seguinte ligazón https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut