Skip to Content

ADMSIÓN: RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA O CURSO 2024-25

Publicado no taboleiro de anuncios do centro a relación provisional de alumnado admitido e excluído solicitante de praza no centro para o curso 2024-25.

O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles a contar desde mañá, do 26 ao 3 de maio, ambos incluídos. As reclamacións serán dirixidas ao Consello Escolar.

 

A consulta das listaxes soamente poderá realizarse de xeito presencial no centro. Seguindo a normativa vixente non se proporcionará información telefónica sobre a listaxe e queda prohibida a toma de fotografías e/ou a difusión das listaxes por calquera medio non autorizado.

Horario de consulta:

  • Luns de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas.
  • De martes a venres de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

A persoa solicitante ou, de ser o caso, a súa representante, a outra persoa proxenitora, titora ou acolledora do alumnado, ou o propio alumno maior de idade ou menor emancipado, sempre que teñan solicitude de admisión presentada en prazo, poderán consultar, de 09:00 a 14:00, horas na secretaría do centro as listaxes coas puntuacións provisionais e definitivas desagregadas dos distintos criterios de admisión do alumnado do mesmo curso e centro, logo de acreditación da súa identidade e logo de asinar un compromiso de uso e confidencialidade.



blog | by Dr. Radut