Día da Educación Física na Rúa

No día de hoxe celebrouse o Día da Educación Física na Rúa. Esta conmemoración contou coa participación de alumnado de distintos centros educativos da nosa localidades: 2º e 5º de educación primaria do CEIP Sada y sus Contornos e CEIP o Mosteirón  e 1º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo e o IES O Mosteirón.

Os participantes realizaron diferentes actividades lúdico-recreativas (xogos de pilla, zancos, paracaídas, desafíos cooperativos, etc...) e actividades organizadas por distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada e a Escola de Danza Carmen López. Tamén contamos cunha estación de karts a pedales cedidos por Manolo, propietario dos mesmos no Paseo Marítimo.

A xornada contou coa colaboración na organización do Concello de Sada que ademais aportou auga e froita para todos os participantes.

Clica na imaxe para ver as fotos

 

 Vídeo resumo da actividade

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: LISTAXES PROVISIONAIS

Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas no centro para o curso 2023 2024.

As listaxes provisionais poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas.

b) Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, , sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Contra a presente Resolución poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro.

Todas as persoas que solicitaron praza están admitidas.

Programa Cans e letras

Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela  Nora para disfrutar da lectura compartida. 

Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º poderán lerlle libros a Nora, unha das súas paixóns. Hoxe foi a primeira toma de contacto e puidemos coñecela, saber da súa historia persoal, do seu traballo e puidemos saludala.

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada.

O vindeiro xoves poderemos disfrutar dos libros con Nora e Laura na biblioteca. Estamos desexando que chegue ese día!

Moitas grazas a Laura e Nora (R.E.A.D. (Programa de Lectura con Perros) 

O Concello de Sada asume o custo deste programa.

Plantando árbores con pinceis

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participou no día de hoxe no proxecto incluído no programa de actividades de Afundación: Plantando árbores con pinceis.  

Este é un proxecto escolar pola sostibilidade que xunta cultura e coidado do medio ambiente a través da realización no centro de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta).

Os nenos e nenas de 5º e 6º participaron na elaboración dun mural no noso cole e o alumnado de 3º e 4º realizou un obradoiro de pintado de bolsas de tea no que traballaron a temática medioambiental desde un enfoque participativo, para facilitar a toma de conciencia sobre a importancia de coidar a natureza.

Clica para ver as imaxes da actividade

Mural 5º e 6º 

Bolsas de tea 3º

 

Bolsas de tea 4º

 

PROXECTO CRE-ARTE: ESCULTURA

Neste segundo trimestre dedicamos o noso Proxecto Cre-Arte á escultura. Grazas a el enchemos as salas do noso museo de moitas composicións artísticas que nós mesmos creamos: cerámicas de Sargadelos, creacións tecnolóxicas, corpos xeométricos, composicións con papel e plastilina, material de refugallo, modelaxe en arxila e moitas máis obras produto da nosa creatividade e imaxinación.

Hoxe e onte dedicámonos a visitar as salas que os nosos compañeiros e compañeiras crearon e quedamos encantados con todo o que vimos. 

Clica na imaxe para ver unha pequena parte de todo o que fixemos.

 

Vídeo resumo da actividade

    

Presentacións Educación Infantil 

Presentacións 1º e 2º Educación Primaria

Presentacións 3º e 4º Educación Primaria

5º e 6º Educación Primaria

Concerto Animalada de Cé Orquestra Pantasta

Para despedir este 2º trimestre asistimos ao concerto Animalada, de Cé Orquestra Pantasma. Bailamos, saltamos e pásamolo moi ben ao ritmo das divertidas historias de distintos animais.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos.

ENTREGA DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA

O pasado venres, día 24 de marzo, unha representación do noso centro acudiu a Santiago de Compostela ao acto de entrega do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía. O noso centro foi premiado na categoría A, centros de Educación Infantil e Primaria, polo proxecto realizado o curso pasado Ama con Corazón.

O premio é produto do esforzo e da ilusión de toda a nosa Comunidade Educativa e unha motivación para continuar co noso traballo.

Nenos e nenas do noso colexio encargáronse de compartir cos asistentes o proxecto premiado. Parabéns polo ben que o fixestes!

Clica para ver as fotos

 Vídeo da exposición do proxecto

Vídeo resumo do acto

   

Presentación do proxecto

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: SOLICITUDES ADMITIDAS

Infórmase ás familias que presentaron solicitudes de praza para o curso 2023 2024 que todas foron admitidas e non é preciso presentar ningunha documentación adicional.

O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Programa Educando na Biosfera: Debuxando a natureza con Suso Cubeiro

O alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou no taller “debuxando a natureza” impartido polo ilustrado Suso Cubeiro.

A actividade, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, pretendía a través das artes plásticas, acercar a biodiversidade presente na Reserva de Biosfera ao alumnado e a ameaza que supoñen as especies invasoras. 

A actividade foi gratuíta, subvencionada polo Concello de Sada a través do programa educativo “Educando na Biosfera”.

https://www.marinasbetanzos.gal/educacion-programa-educando-na-biosafera

Imaxes da actividade 6º EP

 

Imaxes da actividade 5º EP

RECOÑECEMENTO DE CRUZ VERMELLA SADA AO NOSO CENTRO

O pasado venres, día 10 de marzo, ás 20:00 horas tivo lugar a presentación da memoria anual de Cruz Vermella Sada. 

Durante o acto compartiuse cos asistentes as actuacións realizadas durante o ano 2022 e entregáronse diplomas de recoñecemento ás entidades, organismos ou personas que colaboraron con eles.

O noso centro foi un dos agraciados con esta distinción polas seguintes actuacións realizadas:

  • Limpeza da praia de Sada (alumnado de 3º e 4º de educación primaria).
  • Obradoiros de primeiros auxilios (todo o profesorado do centro e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria).
  • Recollida solidaria de alimentos en Nadal.
  • Feirón Ama con Corazón: doazón de alimentos e diñeiro recaudado (2.100 euros que se repartiron entre Cáritas e Cruz Vermella).

Agradecer a Cruz Vermella Sada esta distinción e trasladarlles o noso recoñecemento pola gran labor que realizan no noso Concello e por estar sempre preto de quen máis o necesita.

Distribuir contido