INICIO DO CURSO 2022 2023

As clases inicianse o xoves 8 de setembro.

Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):

  • Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
  • Só as familias do alumnado de EI poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.

Acceso do alumnado de Educación Primaria aquí               Acceso do alumnado de Educación infantil aquí

Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):

  • 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas (ver aquí).
  • 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro para recoller ao alumnado na zona de cor sinalada neste mapa.
  • 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores seguindo o recollido nesta imaxe.
  • O alumnado sairá de clase en orde de lista.
  • Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 3º B, 5º e 6º de EP.
  • Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 3º A e 4º de EP.
  • Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.

Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 8 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.

Recoméndase que todas as familias usuarias do servizo de comedor instalen a APP Colechef.

Están convocadas as seguintes reunións:

  • Luns 5 de setembro:
    • Ás 11:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
    • Ás 11:30 horas coas familias do alumnado de 6º de Educación Primaria.
    • Ás 13:00 horas coas familias usuarias do servizo de comedor.
  • Martes 6 de setembro ás 13:00 horas. Familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.

Horario de secretaría:

  • Ata o comezo das clases: de 9 a 10:00 horas (previa cita).
  • A partir do 8 de setembro: De 09:00 a 09:45 horas (previa cita).

Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2022 2023Aquí dispoñen de toda a información. 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS CURSO 2022 2023. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2022-2023.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 29 de abril de 2022,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de primaria a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega, só o caderno de actividades que debe mercar a familia.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2022-2023

Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2022-2023.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 29 de abril de 2022,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2022 2023

Comeza o período de inscrición no servizo de comedor e de madrugadores do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2022-2023. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada que trasladou ao centro a seguinte información:

O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022.  A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.

Información na páxina web do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedores-escolares-sada-curso-2022-2023

Fin de curso e Graduación alumnado 6º Educación Primaria

Hoxe despedimos o curso 2022 2023 coa graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria e as festas nas aulas.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes da xornada.                    

   

Fotos realizadas por Rolando (pai de Pablo 4º EP)

 Vídeo homenaxe promoción 2013 2022

Vídeo acto graduación

Espectáculos fin de curso: a Música das buguinas e Sada Talent

Neste fin de curso cheo de actividades, onte todo o centro asistiu ao espectáculo "a Música das buguinas" de Mamá Cabra e BellónMaceiras. Unha proposta que nos ensinou a amar e coñecer a nosa música e no que descubrimos como soan e como son diferentes instrumentos: gaita, acordeón , guitarra, percusións, instrumentos de vento…

Vídeos e imaxes do espectáculo

 

Hoxe os nenos e nenas da nosa escola demostraron todo o seu talento no SADA TALENT!

Imaxes e vídeos das actuacións

Graduación do alumnado de 6º Educación Infantil e fin do Proxecto Illa Fantasía

Hoxe celebramos no patio do noso colexio a graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e o fin do Proxecto Illa Fantasia deste curso. Recibimos unha visita moi especial, a de  Mary Kay, que non quiso perderse esta xornada de festa, alegría e emocións.

Aquí tedes as imaxes e vídeos deste bonita xornada.

FEIRÓN AMA CON CORAZÓN

No día de hoxe celebramos o Ferión Ama con  no que o alumnado dos diferentes cursos compartiu con toda a nosa Comunidade Educativa os produtos elaborados durante este curso. 

Foi un éxito de participación e todos os nenos e nenas, familias e profesorado gozamos cunha gran xornada de conviencia.

A recaudación final ascendeu a 2.100 euros e será doada, ao igual que todos os alimentos recollidos, a Cáritas e Cruz Vermella de Sada.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada.

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022-2023

Foron convocadas as becas para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para presentar as solicitudes. 

Poderá facelo o alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Así mesmo, poderán solicitar as axudas alumnado con Trastorno do Espectro Autista e os alumnado  con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo.

Convocatoria

Acceso ao procedemento aquí.

Dúbidas

No blog do Departamento de Orientación dispoñen de máis información.

Distribuir contido