COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2022 2023

Comeza o período de inscrición no servizo de comedor e de madrugadores do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2022-2023. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada que trasladou ao centro a seguinte información:

O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022.  A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.

Información na páxina web do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedores-escolares-sada-curso-2022-2023

Fin de curso e Graduación alumnado 6º Educación Primaria

Hoxe despedimos o curso 2022 2023 coa graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria e as festas nas aulas.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes da xornada.                    

   

Fotos realizadas por Rolando (pai de Pablo 4º EP)

 Vídeo homenaxe promoción 2013 2022

Vídeo acto graduación

Espectáculos fin de curso: a Música das buguinas e Sada Talent

Neste fin de curso cheo de actividades, onte todo o centro asistiu ao espectáculo "a Música das buguinas" de Mamá Cabra e BellónMaceiras. Unha proposta que nos ensinou a amar e coñecer a nosa música e no que descubrimos como soan e como son diferentes instrumentos: gaita, acordeón , guitarra, percusións, instrumentos de vento…

Vídeos e imaxes do espectáculo

 

Hoxe os nenos e nenas da nosa escola demostraron todo o seu talento no SADA TALENT!

Imaxes e vídeos das actuacións

Graduación do alumnado de 6º Educación Infantil e fin do Proxecto Illa Fantasía

Hoxe celebramos no patio do noso colexio a graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e o fin do Proxecto Illa Fantasia deste curso. Recibimos unha visita moi especial, a de  Mary Kay, que non quiso perderse esta xornada de festa, alegría e emocións.

Aquí tedes as imaxes e vídeos deste bonita xornada.

FEIRÓN AMA CON CORAZÓN

No día de hoxe celebramos o Ferión Ama con  no que o alumnado dos diferentes cursos compartiu con toda a nosa Comunidade Educativa os produtos elaborados durante este curso. 

Foi un éxito de participación e todos os nenos e nenas, familias e profesorado gozamos cunha gran xornada de conviencia.

A recaudación final ascendeu a 2.100 euros e será doada, ao igual que todos os alimentos recollidos, a Cáritas e Cruz Vermella de Sada.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada.

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022-2023

Foron convocadas as becas para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para presentar as solicitudes. 

Poderá facelo o alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Así mesmo, poderán solicitar as axudas alumnado con Trastorno do Espectro Autista e os alumnado  con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo.

Convocatoria

Acceso ao procedemento aquí.

Dúbidas

No blog do Departamento de Orientación dispoñen de máis información.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA

No DOG de 18 de maio de 2022 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

No curso 2022/2023 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. O alumnado matriculado no curso 2022/23 en 5º e 6º de EP no noso centro, ao formar parte do Proxecto E-DIXGAL, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na páxina web do centro e no portal da Consellería de Educación  http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2022, inclusive.

Para presentar a solicitude presencialmente no centro é preciso concertar cita previa (881880022 – ceip.sada@edu.xunta.gal). 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal . Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes  presencialmente  no centro  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  O formulario tamén estará dispoñible no centro. 

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 210 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000euros: 140 euros 

No caso das  axudas para a compra de material escolar  destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Para os efectos de renda terase en conta o exercicio fiscal do ano 2020 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2020, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro  (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º e 4º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. 

  • En 3º de EP corresponde cambiar os libros de texto  para vincular o mesmo ao proceso de implantación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica de educación (LOMLOE).  Por isto a ANPA, en principio, no contaría cun banco de libros. Pero está estudando a maneira de, unha vez publicada a listaxe definitiva de admitidos/as no fondo libros, cubrir as necesidades das familias do centro non admitidas nel.
  • 4º de EP: Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda) hai libros da ANPA que seguramente sexan suficientes. 

 A ANPA comunicará más adiante como acollerse ao Banco de libros (para facelo é preciso ser socio/a).

Orde da convocatoria.

Documentación obrigatoria.

Anexo I e Anexo II

Fondo libros.

Sede electrónica.

Día das Letras Galegas: Concerto Queiroa e entrega de premios

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, realizamos un concerto didáctico a cargo da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa.

A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Sada, Marisa Rúa, realizou a entrega de premios aos gañadores/as do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello de Sada. Vera, de 2º A; Breixo, de 3º; Gonzalo, de 4º e Nerea, de 6º, foron os gañadores/as.

Programa especial do Tarabelo nas Ondas.

Aquí tedes dispoñibles fotos e vídeos desta xornada.

Congreso Nacional TEI en Sada

Durante esta fin de semana celebrouse en Sada o Congreso Nacional TEI que contou coa participación de psicólogos, terapéutas, filósofos e centros educativos de toda España. 

O noso centro participou contando a nosa experiencia desde a implantación deste programa no ano 2018 ata o de agora. Os encargados de facer esta presentación foron Nerea e Jorge, de 6º de Educación Primaria.

Parabéns a ambos por representar tan ben á nosa escola e a todos/as os que participaron durante estes anos neste programa que busca mellorar a convivencia nos centros educativos e prevenir o acoso escolar.

Aquí podedes ver algunhas imaxes e o vídeo da presentación.

                

                                                                                   Vídeo resumo das actividades

Distribuir contido