Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

6º Ed. Primaria

Visita ás Institucións de Galicia

O noso alumnado de 6º o pasado venres 2 de febreiro realizaron unha saída didáctica a Santiago de Compostela. Puideron coñecer as institucións da Xunta de Galicia e o Parlamento. 

Coñeceron o seu funcionamento, como traballan os políticos e as diferentes Consellerías de Galicia.

Compartímosvos por aquí varias imaxes e un pequeno vídeo que mostra as diferentes propostas levadas a cabo polos propios alumnos, tal e como se fan na realidade para aprobar ou non aprobar diferentes leis. 

Fai clic aquí para ver o vídeo en Youtube 

 

Programa Adolescencia EVAX

Este ano estamos participando no programa de Evax sobre a adolescencia co alumnado de 6º de Ed. Primaria. 

Con el, pretendemos ensinar a nuestro alumnado a identificar non só os cambios corporales,

se non tamen aqueles cambios emocionais que todos e todas están experimentando ou van a experimentar nestes anos ;) Que non cunda o pánico!

Fai clic aquí para coñecer máis sobre o programa.

Ademais, como estamos dando o tema da reproducción humana en ciencias aproveitamos mellor a experiencia da nosa profe Paula,

para coñecer máis sobre o embarazo, a lactancia... pois ela ben o sabe de primeira man!

 

Foi todo un éxito :)

MISION ALBA

Arrancamos o curso 2023-24 cun novo proxecto científico no centro: MISION ALBA! 

O noso alumnado de 5º e 6º de Primaria está a realizar un proxecto titulado "haz visible lo invisible" e quenes superen as

catro etapas serán capaces de ver o invisible e explicar o inexplicable!  

 

Realizaremos diferentes laboratorios para convertirnos en centíficos durante uns ratiños e :

1. MASTER DA MATERIA: So existe o que vemos?

2. MASTER DA FORZA: Por que móvense as cousas?

3. MASTER DA ENERXÍA: Que provoca os cambios na materia?

4. MASTER DA LUZ: Podemos ver con luz invisible?

 

Deixamosvos por aquí algunhas imaxes dalgúns destes laboratorios:

LAB.1. O MISTERIO DAS CANDEAS QUE SE APAGAN SOAS: SUPERADO!

 

   

OUTONO MICOLÓXICO DE CINE

Os nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria realizamos conxuntamente unha maqueta para o concurso Cantarela. Coma o no noso cole estamos traballando un proxecto sobre cine, tivemos que pensar como o íamos relacionar; organizámonos e puxémonos mans á obra nestas últimas semanas.

Primeiro, na materia de Ed. Plástica e visual elaboramos os cogumelos con materiais de refugallo. Despois, en Lingua Galega tivemos que elaborar as biografías das artistas galegas do cine que ben merecen un recoñecemento para posteriormente facer os códigos QR. Aprendimos un montón de cousas e ogallá consigamos recibir a visita no centro dalgunha delas.

Esperamos que vos guste o resultado!

 

Outono micolóxico de cine from Esther Torrado on Vimeo.

Distribuir contido

Back to top