try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Pedagoxía Terapéutica

2 ABRIL - DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Ola, ola!!

 

    Hoxe 2 de abril tamén é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

que ten como obxectivo visibilizar a realidade deste colectivo, as súas necesidades e tamén capacidades. 



   Por iso compartimos dous vídeos: o primeiro é de Caillou para os máis pequenos no que nos explica que sinte un neno con autismo.

 

 

 

 

   O segundo El viaje de María da Fundación Orange é un corto de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo. Nesta animación fai unha excursión ao mundo interior de María cheo de color, amor, creatividade e orixinalidade.

 

 

 

 

 

 

Neste enlace, poderedes atopar un conto escrito por un neno de 8 anos con autismo. Pablo non ten linguaxe verbal, expresa o que sinte a través da escritura e da música. Con este conto, queren que o pensamento de Pablo chegue a todos e traten de entender que aínda que coste moito traballo, ten unha gran imaxinación como calquer outro neno.

Os debuxos están feitos polo seu irmán Jorge de tan solo 5 aniños.

 

 

 

 

 

E por si vos quedades con ganiñas de mais contos sobre esta temática…

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións:

 

-      --    

“Superhéroes”, escrito por Roberto Aliaga e ilustrado por Roger Olmos. Da editorial ANAYA.

 

-      --   "Dorothy, una amiga diferente", escrito por  Roberto Aliaga e ilustrado por Mar Blanco. Editorial: Cuentos de Luz

 

 

 

 

 

Apertas mil!

 

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

Recursos - Funcións executivas

Ola, ola!!

 

Hoxe gustaríame falar dun tema ao que quizais moitos/as de vós xa vos vaia soando un pouquiño…

As famosas FUNCIÓNS EXECUTIVAS.

Pero…Que veñen a ser?

Enténdese por funcións executivas ao conxunto de capacidades cognitivas necesarias para controlar e autorregular a nosa propia conduta.

 

É dicir, o que nos permite “pensar antes de actuar".

E que tanta falta nos fai!!

 

Os nenos e nenas non nacen con estas funcións,

pero si que nacen co potencial para desenvolvelas

a partir da súa interacción coas persoas adultas

así como a estimulación nun ambiente favorable.

 

Son moitas as dinámicas e actividades que se poden levar a cabo para desenvolver estas funcións.

 

Por iso, hoxe vos queremos propoñer algunhas delas.

 

Esperamos que vos gusten!

 

**Non fai falta facelas todas de seguido pero si que estaría ben ir

 practicando algunha delas durante un ratiño

que esteamos tranquilos/as na casa.

Anímaste??

 

 

  

Dende a páxina “Cargando_PT” propóñennos unha serie de fichas para traballar a atención a través de encrucillados, sopas de letras, discriminación de debuxos…

 

 

 

Para facelas, tendes dúas opcións:

1.Imprimilas e metelas dentro dunha funda de plástico como as que empregamos nun arquivador de aneis.

(TRUCO: Se as escribes cun rotulador de pizarra, despois poderás borrar as respostas con axuda dunha toalliña húmida e repetilas as veces que queiras!

2. Facelas a través do ordenador.

Podedes descargalas no seguinte enlace:

 

 Ficheiros adxuntos 

 

 

 

 

 

 

Por outra banda, Jesús Jarque na súa páxina web “Familia y cole”,

recoméndanos traballar as funcións executivas cos máis pequenos a través de distintos xogos interactivos que poderedes atopar premendo sobre a seguinte imaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E por último, facémonos eco do xogo que publica a web “Aulapt.org”

porque nos parece moi, moi interesante para traballar todos estes aspectos.

 

 

 

 

 

Ao igual que antes, podedes descargalo directamente do enlace que vos poñemos ao final da páxina así como tamén, o podedes reproducir nun folio, cartolina ou tela que teñades por casa…

Recoméndovos esta segunda opción, estou segura de que será moito máis divertido e que vos quedará xenial!

 

 

Apertas mil!

 

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

Recursos creatividade - Como debuxar...

Ola, ola!!

 

Xa estamos a venres!!

A fin de semana….aínda que na casa….está a piques de comezar así que…

hoxe imos cunha proposta que axudará a espertar o lado máis creativo dos nosos nenos e nenas!

 

Trátase dunha pequena selección de vídeos e páxinas web onde poderedes atopar titoriais sobre

“Como debuxar…”

 

Unha boa forma de estar entretidos/as ao mesmo tempo que…

traballamos aspectos como: a creatividade, a atención,

a orientación espacial, a memoria secuencial, planificación…

 

Para que despois digan que debuxar é perder o tempo! ;)

 

Animádevos a facelos,

sácalle unha foto

e envía ese fermoso resultado ao seguinte enderezo electrónico:

 

ceip.rosalia.carril@edu.xunta.es

 

 

**Preme nas seguintes imaxes para acceder aos titoriais**

 

 

 

 

 

 

Apertas mil!

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

Recurso cálculo mental - Boogle

Ola, ola!!

 

No día de hoxe, gustaríame ensinarvos un xogo matemático co que de seguro vos divertiredes toda a familia!

 

Trátase do xogo do

“Boogle”

 

  Un recurso marabilloso creado polo equipo de mestras de “2 profes en apuros”

www.dosprofesenapuros.com.

(Podedes descargalo da súa páxina web de xeito gratuíto.

Preme sobre a imaxe.)

 

 

 

Este xogo combina destrezas como a atención, a percepción,

a axilidade mental e por suposto o cálculo mental.

 

O obxectivo do xogo é facer o número máximo de operación

combinando os distintos números que aparecen no taboleiro.

 

Dependendo da idade do alumnado poderían facer: sumas, restas,

multiplicacións ou divisións…ou incluso mesturalas!

 

O único requisito é que os números sempre deberán seguir un camiño,

é dicir…non se pode saltar!  

Poderanse combinar en vertical, horizontal, diagonal, en zig-zag…

 

Imaxe extraída de www.dosprofesenapuros.com

 

** Imaxe extraída da web www.dosprofesenapuros.com**

 

 

O taboleiro pódese adaptar en función da destreza do neno:

poñéndoo nunha orde concreta ou aleatoria, colocando unha táboa de 2 en 2, de 3 en 3, de 5 en 5….

 

Ou incluso podes xogar,  propoñendo “retos” como por exemplo….

-          "

Busca un número menor que 60 pero maior que 97…"

-          "

Busca unha operación que o seu resultado se aproxime a 36…"

 

A verdade é que estas rapazas,

crearon un recurso moi moi divertido e

ao mesmo tempo moi útil para o traballo das mates!

 

Non dubidedes en consultar a súa web

ou o seu instagram para ter máis información.

 

 

 

 Apertas mil!

 

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

Recursos para a Dislexia

Ola, ola!!

 

Se algo bo nos está a deixar esta crise sanitaria é a solidariedade da xente

 que de xeito altruísta lánzanse a axudar

aos veciños máis maiores,

 a fabricar máscaras, a repartir alimentos…

 

Son moitas as empresas e editoriais que tamén

estes días están a colaborar coa apertura de contidos

e recursos didácticos para que os nosos nenos e nenas

poidan aprender de maneira lúdica.

 

 

Hoxe, gustaríame presentarvos unha serie de recursos axeitados

para o traballo da dislexia.

 

As cifras estiman que aproximadamente un 10% dos nosos nenos e nenas

presentan dislexia pero que, lamentablemente aínda non o saben.

 

Pero…Que é a dislexia?

 

O actual manual diagnóstico DSM-V establece que é un  

trastorno da aprendizaxe ligada á lectoescritura,

de carácter persistente e específico

 que se da en nenos que cunha intelixencia

dentro da media e sen ningún tipo de alteración física,

 psíquica ou sociocultural que o xustifique.

 

Un dos recursos máis empregados,

e que agora podemos probalo

de maneira gratuíta durante 15 días chámase:

 

“DYTECTIVE U”

 

 

 

 

Se premedes sobre a imaxe,  enlazaravos cunha páxina web

onde teredes acceso a unha ferramenta validada cientificamente

para a mellora das habilidades de escritura e lectura a través de xogos.

O novidoso deste recurso é que tamén conta

 cunha pequena proba de cribado (screening)

que che permitirá coñecer o risco de presentar

dificultades de lecto-escritura.

 

** Cómpre dicir que para recibir unha diagnose de

Dislexia, será necesario levar a cabo o proceso de

Avaliación Psicopedagóxica por parte do

Departamento de Orientación ;)**

 

 

 

 

Outro recurso sería o elaborado polas creadoras

da páxina web “Aulapt.org”, onde podedes atopar distintos xogos

para traballar a conciencia fonolóxica,

detección de erros, discriminación de fonemas

 

Preme sobre a imaxe:

 

 

 

E se queres saber máis sobre esta dificultade de aprendizaxe….

Podes acceder a páxina web www.ladislexia.net

 

 

Onde ademais de información, atoparás recursos para imprimir específicos

para a dislexia.

 

 

 

Apertas mil!

 

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

Recurso para a relaxación

 

Ola de novo!!

 

Durante estes días son moitas as tensións que

inconscientemente podemos acumular no noso corpo...por iso...

 

Hoxe, gustaríame propoñervos un pequeno vídeo

baseado no Método de Relaxación de Koeppen.

 

Este método baséase nos exercicios de tensión e distensión

dos diferentes grupos musculares

pero sempre partindo dunha "pequena historia".

É por iso que, constitúe unha ferramenta moi boa

para o traballo destes aspectos con nenos e nenas.

 

Se calcades sobre a imaxe,

teredes acceso a un pequeno vídeo que vos axudará

a introducirvos neste método de relaxación.

 

Tomar conciencia sobre o propio corpo

e sobre as nosas emocións,

nos axudará a coñecernos mellor

e a saber xestionarnos.

 

Animádevos a probalo!

 

                                                                

 

Apertas mil!

 

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

 

 

Recursos Coronavirus

Ola de novo!

 

Son moitas as dúbidas que os noso alumnado pode ter acerca do que está a pasar nestes días.

Por iso, quero compartir con vós o traballo que o Equipo de Bibliotecas estivo a facer, compilando recursos que axuden a explicar este tema.

 

Clicka sobre a imaxe, e atoparás contos, poemas, vídeos...que distintos profesionais elaboraron para explicar este tema.

 

 

Apertas mil!!

 

#Euquedonacasa

#Todovaisairben

 

 

 

 

Recursos para a ATENCIÓN

Ola de novo!

Hoxe queríavos deixar por aquí unha serie de recursos web para traballar a atención pero...

Antes de poñernos ao tema, gustaríame deixarvos unha serie de orientacións para traballar esta capacidade:

 

  • Brevidade: As tarefas non deberán durar máis de 15 minutos. 
  • Motivación: Deberán ter un carácter lúdico e motivador puidendo estar ligado aos intereses dos cativos.
  • Claridade: Deberán ser sinxelas e directas. Que se entenda ben o que teñen que facer a cada momento.
  • Ambiente estructurado: Deberá buscarse un lugar que favoreza a concentración, sen ruidos ou distractores...
  • Clima de confianza: Deberemos premialo e fortalecer a súa autoestima. Non hai que correxir ao error pero podemos axudar a que os atope

 

Si queredes máis información acerca deste tema, clickade no seguinte enlace: 

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2008/11/orientacion-andujar-pautas-y-actividades-para-trabajar-la-atencion.pdf
 
Velaquí vos quedan!

 

·       

Neste enlace, poderedes atopar actividades para traballar a atención, a memoria e a lóxica a través de distintos xogos para nenos e nenas de entre os 6 ata os 12 anos.

 

  https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-mentales-inteligencia

 

 

·     

Nesta web atoparemos recursos para os máis pequenos centrados sobre todo na lóxica

e nas habilidades do pensamento: xogos de labirintos, xogos de series…

 

Ademáis…para as familias máis curiosas….investigade todos os recursos de matemáticas, lectura…

que esta páxina web vos pode ofrecer.

Unha morea de ideas de actividades e información que pode ser do voso interese.

 

                     https://www.educapeques.com/los-juegos-educativos/juegos-de-memoria-logica-habilidad-para-ninos/portal.php?contid=54&accion=listo

 

https://www.educapeques.com/estimulapeques/habilidad-estimulapeques/juegos-de-series-memoria-logica.html

 

 

 

 

 Xogos para o cerebro: Completísima web con multitude de xogos para non

deixar de exercitar o cerebro. Apto para tódalas idades.ht

tps://www.gamesforthebrain.com/

·        

Quebracabezas infintos. Nesta web poderás atopar quebracabezas dende 18 pezas ata máis de 100!

Ademais, poderás crear o teu propio quebracabezas coa imaxe que máis che guste.

https://www.jigsawplanet.com/ 

 

 

 

·        

Cálculo mental:  Necesitas espertar o teu cerebro?

Practica con este divertido xogo de cálculo mental onde poderás escoller

entre sumas, restas, multiplicación ou divisións.

http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/colegio/maquina.html

 

 

 

·       

Esta mestra de audición e linguaxe recopila no seu blog moi diversos recursos

para traballar a expresión oral, a atención, a memoria auditiva…

a través da elaboración de vídeos moi ben traballados.

 

Unha experta onde as haiga nestes temas!

Seguro que se navegades un pouquiño por eses lares…

atoparedes múltiples recursos aproveitables para estes días!

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/tag/atencion-y-memoria/

 

 

 

Apertas mil!

 

#Euquedonacasa

#Todoiráben

 

 

 

Benvidas e benvidos!

Ola a tod@s meus pequenos e pequenas!

 

Ao señor ( si se lle pode chamar así…)

Coronavirus está facendo das súas

e non nos permite saír á rúa…

 

Por aí din que si ninguén sae fóra …

aburrirase tanto,tanto, que marchará!

Así que…a ver si o conseguimos entre tod@s!

Estou convencida de que si!

 

Dende a AULA de PT non vos vou mandar máis tarefas...

as vosas mestras estanse encargando moi ben de todo isto…

pero o que si me gustaría propoñervos

son unha serie de xogos e dinámicas

que podedes facer todos e todas

en familia

e que virán moi ben para traballar aspectos como:

a atención, a memoria, o razoamento,

a creatividade, a relaxación…

 

Prometo que serán divertidas!!

 

Anímaste?

 

 

 

 

 

Como primeira actividade...

Por que non facemos este fermoso arco da vella 

para colgar das nosas fiestras?

Seguro que moit@s de vós xa o tendes feito

pero....os que non...

Facémolo?

 

Podedes descargalo no archivo adxunto ou ben...facelo ti mesmo nun folio!

Expresa a túa creatividade!

 

E permanecede atent@s

porque ao longo da semana,

iremos subindo máis contidos

que poden ser do voso interese!

 

Apertas mil!!

#Euquedonacasa

 

#Todoiráben

 

 

 

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia: 17 de maio

Neste día, dende a aula de PT, conmemoramos cunha exposición da bandeira LGTBI, cómics, viñetas,... a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da Asamblea Xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS).

O Día Internacional do Pobo Xitano celebrouse o 8 de abril.

 

O obxectivo deste día foi o de comemorar a cultura e a historia do pobo xitano, loitando para o seu recoñecemento e contra a discriminación sentida por esa comunidade.

Nese día realizáronse actividades organizadas polo concello de Vilagarcía, no que participou alumnado do noso centro.

Pola nosa parte, dende a aula de AL e de PT, tamén traballamos esta temática e divulgamos información no panel do Departamento de Orientación.

Día Internacional do autismo: 2 de abril

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, como cada ano, o movemento asociativo puxo en marcha, en coordinación con Autismo Europa, unha campaña para visibilizar a realidade e necesidades as persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias. Este ano, o lema elixido foi “I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”, co que se pretendeu fomentar unha sociedade máis inclusiva para o colectivo promovendo ao mesmo tempo un achegamento ao autismo desde unha mirada diferente. O noso centro educativo sumouse á campaña do movemento asociativo do autismo e amosou a súa solidariedade co colectivo, co reto de reproducir o símbolo de infinito.

SAN VALENTÍN

SAN VALENTÍN

O 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín enviando cartas de cariño e admiración ás nosas amizades.

Foi un día moi fermoso!

Divertíndonos co nadal!

 Divertíndonos co nadal!

 

A tradición de adornar a árbore de Nadal empezou en Alemaña ou Escandinavia aló polos séculos XVI e XVII.

Nós fixemos os nosos que adornan a nosa aula!

APRENDENDO LINGUA DE SIGNOS (LSE)

APRENDENDO LINGUA DE SIGNOS (LSE)

 

Aprender LSE e comunicarte con persoas xordas, pode abrirche a un mundo novo que moi poucos coñecen!

 

http://www.fundacioncnse.org/educa/bancolse/

http://www.sematos.eu/lse.html

 

Tras a Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e sordocegas; a LSE é considerada como un idioma máis como o son o francés ou o inglés.

ABRAZANDO A DIVERSIDADE

ABRAZANDO A DIVERSIDADE

 

A nosa intervención educativa contempla a diversidade do alumnado adaptando a práctica educativa ás características persoais, necesidades e intereses dos nenos e as nenas, para a cal se establecen procedementos que permiten identificar aquelas características que poidan ter incidencia na evolución escolar do alumnado. Por iso dende a aula de PT dispoñemos de recursos para educar no respecto á diversidade, sexa do índole que sexa.

IGUALDADE

  •  Asesoría de Igualdade dispón dunha canle de comunicación (dentro do Portal Educativo) a través da cal se traslada a información relativa ao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e da diversidade afectiva e sexual. 

 

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade

 

 

PANXOLIÑA BRANCO NADAL

A panxoliña adaptada ao galego -dende o EDLG do noso centro conxuntamente co DO-, vai dirixida principalmente ao alumnado con TEA e DI, así como para calquera que se queira unir a cantar!


Estará tamén dispoñible na web da SXPL (www.lingua.gal), como recurso de Nadal proposto polo noso centro.

 

Boas festas :)

Distribuir contido