Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

Historia

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO - CARRIL, VILAGARCÍA DE AROUSA

O colexio Público "Rosalia de Castro" está emprazado en Carril, localidade pertencente ao Concello de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

O contorno escolar está constituído por cinco núcleos principais da poboación: Carril, Trabanca Sardiñeira, Bamio, Guillán e Vilagarcía.

Trátase, en xeral, dun entorno rural-urbano, sendo a localidade de Carril a que reúne as características máis típicamente urbanas; Trabanca é unha zona intermedia entre o urbano e o rural; Bamio é de características esencialmente rurais, así como a localidade de Guillán.

Debe terse en conta que Carril e Trabanca son núcleos de poboacións que distan do centro urbano de Vilagarcía a menos de 2 quilómetros.

O medio de vida é distinto en cada localidade. Así, en Carril predomina o marisqueo en pequenos viveiros. Esta actividade, xunto cos servicios, constitúe a fonte de ingresos da maioría das familias.

En Trabanca, Guillán e Bamio a industria e mailos servizos ocupan a maioría da poboación. Cómpre subliñar que en Bamio hai un polígono industrial no que están situadas diversas empresas que dan traballo a gran número de persoas.

Distribuir contido

Back to top